Inicio arrow Arte
Escrito por xpab
lunes, 21 de julio de 2008

Para inaugurar sección de arte, quen mellor que Pablo Picasso como protagonista. Xa se sabe que Pablo Diego José Francisco de Paula Juan Nepomuceno Crispin Crispiniano de la Santísima Trinidad Ruiz Picasso Blasco López estivo na veciña cidade herculina vivindo, concretamente entre os anos 1891 e 1895. Eso achegaría ó pintor á nosa vila brigantiona, un achegamento que se refrexaría brevemente na súa obra.

Está claro que deixou sinais da súa pasada pola cidade veciña, pero ó mellor o que non se coñecía tanto (a lo menos quen escribe) é o contacto que puido ter con esta a nosa vila brigantiona.

Hoxe en día existen en París uns debuxos do (según din os expertos) xenio malagueño. Picasso creaba os seus propios periódicos, en concreto había un que se titulaba "La Coruña". Nun número dese periódico, P.P. conta como se "bañan las de Betanzos" nunha pintura que retrata a un par de mulleres bañándose. Nas dúas imaxes que se mostran a continuación pódense ver os debuxos cos correspondentes comentarios. O que está claro é que ser un xenio non está reñido co de ter mala letra.

 

Neste debuxo móstrase "Como se bañan las de BETANZOS" 

 

 

Aquí vense os bañistas que acudirán a bañarse