Autor Hai 90 anos que Abdullah e Elif son marido e muller. Sucede en Turquía, nese pais de contrastes entre dous continentes onde se atopa de todo, dende pais que enterran vivas ás súas fillas a marabillosas historias das que non se ven en case que ningún lado do mundo "civilizado".
Probablemente todo empezaría nun moceteo durante a primeira guerra mundial en medio do imperio otomano. Neses momentos, un rapaciño alemán chamado Hitler empezaba a facer os seus "pinitos" na política. Así, o 1 de abril dese ano, o Partido Obrero Alemán convírtese no Partido Obreiro Nacional Socialista. Asimov, Fellini ou Delibes nacían o ano que esta parella se prometía amor eterno. E en Galicia se comezaba a publicar a revista "Nós".
É gracioso pensar que xa levaban 25 anos casados cando rematou a segunda guerra mundial, ou que estaban á beira das vodas de ouro cando supostamente o home pisou a lúa.
En fin, pódense seguir facendo miles de reflexións que non farían senón engrandecer o mérito desta parella de anciáns de 112 e 110 anos que, como curiosidade, hai que decir que foron prolíficos ata os 50 (o seu fillo máis novo "só" ten 60 anos). A súa prole ascende a uns 113 individuos.
É dende logo unha noticia amable en medio de tanta borralla. Crise, guerras, devastacións, pobreza, enfermidades.... Un mundo viciado cheo de matrimonios hipócritas onde chegar a 10 anos de relación se está a convertir en todo un reto. Para rematar, é bonito pensar no único obxetivo que a esta parella turca lle queda na vida. Non podería ser doutra maneira: "só temos un último desexo: temos que morrer xuntos. Porque se un de nós morre, o outro sentirá que perdeu a metade de sí mesmo”.
Os xoves (de alma) Abdullah e Elif
Seguindo coa serie de colaboracións que a páxina recibe ultimamente (botando unha man a os, ás veces, vagos administradores), publicamos en Brigantio esta crítica-recomendación do libro "El Nombre del Viento". Persoalmente teño que decir que non ten mala pinta.
My name is Kvothe…
(by Jovendemente)
“He robado princesas a reyes agónicos, incendié la ciudad de Trebon, he pasado la noche con Felurian y desperté vivo y cuerdo. Me expulsaron de la Universidad a una edad a la que a la mayoría todavía no los dejan entrar. He recorrido de noche caminos de los que otros no se atreven a hablar ni siquiera de día. He hablado con dioses, he amado a mujeres y he escrito canciones que hacen llorar a los bardos.”
“Me llamo Kvothe. Quizá hayas oído hablar de mí.”
Pulsa "Leer Más" se queres coñecer
máis.
Un visitante e comentarista habitual desta páxina, jasava, seguíu os pasos de colaboración de outro dos habituais (jovendemente) e nos escribe esta noticia para os que queiran curiosear do estado do arte de (como non) o skate en Betanzos. Persoaxes míticas, lugares infinitos e incluso anécdotas históricas se entremezclan neste pequeno resumo. Velaí queda.
By JASAVA:
O pasado día 3 a páxina www.patinencomun.com unha
das páxinas de skate mais importantes de España, publicou unha noticia
sobre o skate brigantino e a
situación da nave abandoada do karrefour que actualmente usase como
recinto para patinar cuberto ante a nula alternativa en toda a comarca
para patinar sen mollarse.
O texto íntegro, en "Leer más".
A continuación vou a inaugurar esta sección de reflexións con unha teoría que me ronda pola cachola dende un tempo acó.
Como ben se indica na sección, trátase dunha reflexión. Non sei se o que conto pasa en tódolos sitios, nin siquiera me opoio en ningún tipo de estatísticas. Eso sí, está baseado en casos reais.
O artigo trata acerca dos motivos polos que a xente di non falar galego. Obviamente cada un fala no que quere, así que ésto non pretende ser unha crítica para que a xente utilice máis o galego nin nada deso. Simplemente é unha crítica a aqueles que pretenden xustificarse por se aquel co están falando é un dos que si que lle importa que lingua se utilice.
Non creo que sexa necesaria ningún tipo de xustificación, e me baseo nas experencias vividas nos meus 30 menos pico anos para que se vexa que moitas veces é peor tratar de xustificarse que non facelo, sobre todo cando non hai nada do que xustificarse.
Se queres ver de que vai esta intrigante noticia, dalle a "Leer más". A ver se opinades igual.