Inicio
Triunfo da autodiversión
domingo, 18 de abril de 2010
xpab

Unha reunión pacífica e de bo ambiente. Así se resume a xornada do sábado 17 na nave abandoada de Eroski da zona do pasatempo. Ainda que a policía fixo amago de desmontar todo, finalmente permitíu que se levase a cabo durante todo o día. Ata 200 persoas de pico según  a organización se deron cita no Karre representando a tódolos grupos da fauna betanceira e da comarca. Tamén houbo unha pequena recaudación para axuda á construcción de novos módulos de Skate e para cubrir os gastos do evento. A pesar de que a algún non lle importaría que houbese algunha pequena incidencia para poder entoar el "ya te lo dije", finalmente e felizmente, non pasou NADA, dando outra vez exemplo de civismo a rapazada autóctona, algo que escasea tanto na xente nova hoxe en día.

Antes de pasar á crónica máis "técnica" de Javi do que pasou neste primeiro Woodstock betanceiro en "Leer Más" onde se poden ver máis fotos, é necesario citar que todo esto ocorreu gracias á iniciativa propia de Jovendemente e Jasava, ademáis da colaboración de moita xente, dende Estela no posto de bebidas ata Ezequiel na mesa de mezclas e moitos outros que o que escribe non ten o gusto de coñecer. Tamén habería que agradecer á poli por non cargarse todo e pola súa comprensión, e á xente da praza do concello que colaborou co acto, é decir, Bugarín.


Ambiente co primeiro grupo da tarde: Sra / sr / sra

Crónica de Karre 2 Life, by Javi Saavedra: 

Viviase o sábado un ambiente especial na rapazada de Betanzos, no karre iase celebrar un festival de musica rock e unha concentración de skate, nunca hai eventos e de repente dous, eso si, organizado por eles mesmos.


Posto de refrixerios

A idea era facer unha boa festa (skate e música son un matrimonio perfecto) e de paso reivindicar a nave como un espazo abandoado que pode ser moi util para a mocidade.

 

Grafiteiros, un dos moitos gremios que se deron cita no evento 

Dende o mediodia algun problema cos permisos e organización pero non habia nada que puidese ser negativo nese evento:amigos que se xuntan, deporte, risas, músicos tocando, grafiteiros pintando, breakers bailando... todo a cuberto e cun ambiente de camaraderia e cordialidade moi especial , porque o que ali estaba sucedendo era eso, algo especial.

 

Skaters, os copropietarios do Karre 

Na parte de skate patinouse toda a tarde, Lugo, Vigo, Ferrol, Santiago, Coruña... estaban representados , mais patinadores que nunca sacando trucos e charlando, moitos rapaciños novos do pobo tamén se animaron a vir, puideron ver que o patín e algo que enamora , nos premios houbo revistas para todos, pegatinas, camisetas, taboas, rodas, videos, chapas, vales de desconto,rodamentos... un monton de regalos gracias os sponsors que apoiaron a iniciativa.

Zona Skater

Abriron dorredor das 5 Sra / sr / sra, grupo punk moi destroyer, cada cancion non chegaba o minuto, moita tralla para comenzar.
Seguian os locales Samahin que sorprenderon a mais de un coa sua mezcla de estilos e a sua xuventude, a xente empezaba a animarse.


Grupo autóctono, Samahin

Seguiron La senda de Afra, grupo no que tocaba Ezequiel, o técnico de sonido do evento que fixo ke todo o apartado técnico fose rodado, as cancions con tintes mais pop soaron mais fortes en directo e ainda que mais tranquilo , a xente disfrutou do lindo coas melodias.

Tintes poperos con La Senda de Afra

Chegaba o turno do punk melódico mais clasico de Brains Expired, velocidade , coros , pogo, circle pit ... pero todo entre risas e engorile, calidade!

Brains Expired no esceario


Eotem dende Sada puxeron o toque mais metal que gustou moito sobre todo a un gran sector de xente amante de este estilo que son varios na nosa comarca, conscientes de ke non habia moito tempo, axustaron o seu repertorio o que puideron sin baixan un ápice a sua potencia.

Seguindo co repertorio de grupos: Eotem 

Un dos policías quixo acabar co concerto e acabou así

O toque de queda estaba dado por parte das autoridades, pero quedaba ainda a festa dos locale Laconfusion e Quando Vand, momento no que se montou unha batalla de Break Dance, old vs new school, algo único, a ritmo de fusión dos colegas dos grupos os breakers novos "retaban" os puretas nun momento máxico no que todo o mundo desfrutaba das cancións e do espectáculo, lamentablemente Quando Vand tiveron que cortar a sua actuación porque non habia mais tempo. Con ganas de mais quedaron eles e todos, e non é para menos.

Un breaker buscando unha lentilla

A confusión quedou montada. Que grupo era: laconfusion, Quando Van....??

O exemplo está dado, se se quere podese, o karre non e unha nave abandoada, está mais viva que nunca, merece un respeto, e se non se pode por problemas políticos ou legais, unha continuidade, necesitase un local para patinar, convivir, montar actividades....agora aino, que dure "for life".

 

Cando se poderán volver a reunir??? 

Comentarios
Añadir nuevo RSS
Sergio 62.23.146.xxx | 2010-04-19 14:32:44
Grande o evento, magoa non haber estado, pero en resumo, boa lección para todo o mundo que pensa que a xuventude so sabe ir de botellón e deixarse levar. Que saian agora os que falaban de macrobotellon ou de que so se ía a ver a un montón de rapaces borrachos. Isto demostra o grao de responsabilidade e de implicación da xente nova, algo que non se pode dicir dos políticos.

Únicamente engadir que noraboa a toda a organización do evento, e que esperemos que sirva para algo. Só queda esperar a que os que cortan o bacalao fagan algo, alomenos unha vez na vida.
Jovendemente 77.209.151.xxx | 2010-04-20 11:18:49
Gracias ó reporteiro brigantonio por cubri-la noticia.

Aproveito tamén para agradecer o éxito a tódolos grupos que tocaron desinteresadamente, ós breakers, grafiteiros e skaters por achegarse e colaborar levando algunha bebida (ata algún houbo que deixou donativo), e ós que botaron unha man na barra, limpando, montando/desmontando, ou quedando na casa enfermos (que algunha baixa tamén tivemos xD).

Ahí queda como exemplo do que se pode facer con poucos cartos pero con moitas ganas.
xpab  - jasava 213.60.183.xxx | 2010-04-22 13:02:25
Para quen teña curiosidade sobre un dos promotores do evento:

http://issuu.com/stafmagazine/docs/staf43/52?mo...
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."

Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 1 invitado en línea