Escrito por xpab Sábado, 06 de Febrero de 2010 20:49
Hai 90 anos que Abdullah e Elif son marido e muller. Sucede en TurquÃa, nese pais de contrastes entre dous continentes onde se atopa de todo, dende pais que enterran vivas ás súas fillas a marabillosas historias das que non se ven en case que ningún lado do mundo "civilizado".
Probablemente todo empezarÃa nun moceteo durante a primeira guerra mundial en medio do imperio otomano. Neses momentos, un rapaciño alemán chamado Hitler empezaba a facer os seus "pinitos" na polÃtica. AsÃ, o 1 de abril dese ano, o Partido Obrero Alemán convÃrtese no Partido Obreiro Nacional Socialista. Asimov, Fellini ou Delibes nacÃan o ano que esta parella se prometÃa amor eterno. E en Galicia se comezaba a publicar a revista "Nós".
É gracioso pensar que xa levaban 25 anos casados cando rematou a segunda guerra mundial, ou que estaban á beira das vodas de ouro cando supostamente o home pisou a lúa.
En fin, pódense seguir facendo miles de reflexións que non farÃan senón engrandecer o mérito desta parella de anciáns de 112 e 110 anos que, como curiosidade, hai que decir que foron prolÃficos ata os 50 (o seu fillo máis novo "só" ten 60 anos). A súa prole ascende a uns 113 individuos.
É dende logo unha noticia amable en medio de tanta borralla. Crise, guerras, devastacións, pobreza, enfermidades.... Un mundo viciado cheo de matrimonios hipócritas onde chegar a 10 anos de relación se está a convertir en todo un reto. Para rematar, é bonito pensar no único obxetivo que a esta parella turca lle queda na vida. Non poderÃa ser doutra maneira: "só temos un último desexo: temos que morrer xuntos. Porque se un de nós morre, o outro sentirá que perdeu a metade de sà mesmo”.
Os xoves (de alma) Abdullah e Elif
Escrito por xpab Sábado, 31 de Enero de 2009 21:50
A continuación vou a inaugurar esta sección de reflexións con unha teorÃa que me ronda pola cachola dende un tempo acó.
Como ben se indica na sección, trátase dunha reflexión. Non sei se o que conto pasa en tódolos sitios, nin siquiera me opoio en ningún tipo de estatÃsticas. Eso sÃ, está baseado en casos reais.
O artigo trata acerca dos motivos polos que a xente di non falar galego. Obviamente cada un fala no que quere, asà que ésto non pretende ser unha crÃtica para que a xente utilice máis o galego nin nada deso. Simplemente é unha crÃtica a aqueles que pretenden xustificarse por se aquel co están falando é un dos que si que lle importa que lingua se utilice.
Non creo que sexa necesaria ningún tipo de xustificación, e me baseo nas experencias vividas nos meus 30 menos pico anos para que se vexa que moitas veces é peor tratar de xustificarse que non facelo, sobre todo cando non hai nada do que xustificarse.
Se queres ver de que vai esta intrigante noticia, dalle a "Leer más". A ver se opinades igual.