Inicio arrow Autor arrow Reflexións arrow Hai 90 anos....
Hai 90 anos....
Escrito por xpab
sábado, 06 de febrero de 2010

Hai 90 anos que Abdullah e Elif son marido e muller. Sucede en Turquía, nese pais de contrastes entre dous continentes onde se atopa de todo, dende pais que enterran vivas ás súas fillas a marabillosas historias das que non se ven en case que ningún lado do mundo "civilizado".

Probablemente todo empezaría nun moceteo durante a primeira guerra mundial en medio do imperio otomano. Neses momentos, un rapaciño alemán chamado Hitler empezaba a facer os seus "pinitos" na política. Así, o 1 de abril dese ano, o Partido Obrero Alemán convírtese no Partido Obreiro Nacional Socialista. Asimov, Fellini ou Delibes nacían o ano que esta parella se prometía amor eterno. E en Galicia se comezaba a publicar a revista "Nós".

É gracioso pensar que xa levaban 25 anos casados cando rematou a segunda guerra mundial, ou que estaban á beira das vodas de ouro cando supostamente o home pisou a lúa.

En fin, pódense seguir facendo miles de reflexións que non farían senón engrandecer o mérito desta parella de anciáns de 112 e 110 anos que, como curiosidade, hai que decir que foron prolíficos ata os 50 (o seu fillo máis novo "só" ten 60 anos). A súa prole ascende a uns 113 individuos.

É dende logo unha noticia amable en medio de tanta borralla. Crise, guerras, devastacións, pobreza, enfermidades.... Un mundo viciado cheo de matrimonios hipócritas onde chegar a 10 anos de relación se está a convertir en todo un reto. Para rematar, é bonito pensar no único obxetivo que a esta parella turca lle queda na vida. Non podería ser doutra maneira: "só temos un último desexo: temos que morrer xuntos. Porque se un de nós morre, o outro sentirá que perdeu a metade de sí mesmo”.

90 anos xuntos Os xoves (de alma) Abdullah e Elif

Comentarios
Añadir nuevo RSS
fromoza  - ejemplo http://www.fotolog.com/fromoza 83.44.100.xxx | 2010-02-07 08:00:50
si señor , un ejemplo sobre todo en estos tiempos.
saludos!
nota al creador del blog http://www.avelasvirbetanzos.blogspot.com 80.34.220.xxx | 2010-02-11 09:52:36
A asociacion xuvenil A VELAS VIR vai levar adiante unha GALA: xuventude solidaria, unha flor por haiti, o dia 27 de febreiro dende as 11 da maña ata o anoitecer , a recaudación integra sera para cruz roja internacional.se poideses anuncialo , moitas gracias.
www.avelasvirbetanzos.blogspot.com
Escribir comentario
Nombre:
Título:
Website:
[b] [i] [u] [url] [quote] [code] [img] 
:angry::0:confused::cheer:B):evil::silly::dry::lol::kiss::D:pinch::(:shock::X:side:
:):P:unsure::woohoo::huh::whistle:;):s:!::?::idea::arrow:-burla:88-):-a-a(lloro)
^^-yeah(copa)-agg(no)-si(susto)-puag-banana-cone

3.26 Copyright (C) 2008 Compojoom.com / Copyright (C) 2007 Alain Georgette / Copyright (C) 2006 Frantisek Hliva. All rights reserved."