Escrito por xpab
Jueves, 14 de Junio de 2007 23:19

O outro día na telivisión (12 xuño 2006) puidemos ver unha desas películas que dá gusto ver. A verdade é que eu non a coñecía, pero a película engancha dende as súas primeiras tomas e pódese ver minuto a minuto o gran acerto do título. Xusto 40 anos despois da súa estrea, ver esta película segue dando que pensar.  Marlon Brando (nunha excelente actuación), Jane Fonda e Robert Redford encabezan un bo reparto que fai o que teñen que facer, é decir, fan creíble a historia.

 

 

Portada película

 

 

 

De que vai

 

Un paisano (R. Redford) escapa da cárcere co obxetivo de ir ó seu antigo pobo a ver á súa muller (J. Fonda).  Alí atópase toda a borralla que lle dá nome á película. No medio, hai aínda xente normal, como o sheriff (M.Brando) e a súa dona. A acción da película transcorre en día e pico, dende que a xente do pobo se entera que se escapa o R. Redford ata que nunha noite ebria todos intentar acabar con el.... ou con que se lles cruce no camiño.

 

Crítica 

 

Dende logo había tempo que non me daban tantas ganas de zurrarlle a uns persoaxes dunha película. E esta película abofé que o consegue. Ó comezo da película non sabes ben quen che cae ben e que che cae mal. Ó principio o R. Redford é un perigoso ladrón ós que todos temen, pero ese temor, según vai pasando a noite e todos pillan a cogorza padre, vaise convertindo en búsqueda de lío, e quen mellor que un fuxitivo para conseguilo. Non é de estranar esa actitude onde todo o mundo ten unha pistola e onde ser negro e pasear pola rúa equivale practicamente á morte. Pero non só eso, nese pobo vale todo, dende unha paliza a o sheriff ata unha festa de borrachos.

A película fai pensar no fácil que é sacar o máis primitivo das persoas, sobre todo cando o alcool se mezcla coa ignorancia e a intolerancia. Fai pensar tamén se EEUU evolucionaría ou segue sendo igual, cunha panda (eso sí, de poucos individuos) de ricachóns que se enriqueceron sen saber ben como, e que dan rienda solta á súa ignorancia respaldados por unha panda de paletos. Na película non te podes despistar ata o último suspiro e deixa un sabor de boca un pouco.... bueno, mellor que a vexades vós

Comentarios  

 
# colaboraciónsxpab 16-06-2007 12:35
Díxome Pena que lle molara un montón esta peli e que tamén vira outra que lle gustaría recomendar. Como sería un pouco cristo darlle permisos de administración a todo Dios para poñer noticias, críticas, etc, quen esté interesado que nos mande un correo coa crítica e o colgaremos gustosamente. A foto da portada xa a poríamos nós, e se queren poñer algunha foto máis, que nola manden.
Responder | Responder con una citación | Citar
 

Escribir un comentario


Código de seguridad
Refescar

Últimos comentarios

  • Espeleologando por Brigantio
    Esperemos que este gran tesouro que temos na nosa vila sirva para dar un empurró...
    07.04.12 11:47
    por Betanceiro
  • Estrella Brigantio
    Pois si, que é clariña, tipo bitter inglesa.
    25.11.11 18:49
    por xpab
  • Estrella Brigantio
    Non é similar a primeira que fixemos, non sei por qué te empeñas neso.
    25.11.11 12:06
    por Jovendemente
  • Estrella Brigantio
    De novo a xente de por aquí animouse a facer outra nova tandada de cervexa. Esta...
    06.11.11 19:15
    por xpab
  • 1ª Protesta Mundial
    Engado tamén un cartel con tódalas convocatorias de Galicia. http://img412.image...
    12.10.11 22:42
    por Jovendemente

¿Quién está en línea?

Tenemos 7 invitados conectado(s)

RSS

Brigantio