Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Os vellos na casa
Escrito por valen   
jueves, 17 de julio de 2008

Ou eso pensan en terras melidenses.  A historia ven sendo, polo que teño entendido, a seguinte: desde facía uns cantos anos celebrábase na famosa vila galega de Melide (a do pulpo, a dos melindres) o certame de Miss e Mister Melide da terceira idade. Ou sexa, un concurso de beleza para os vellos.

A cousa tiña certo éxito, a xente pasabao ben e había visitas de todolos puntos de Galicia. Hasta 400 menus chegaban a servir aquel dia nalgún restaurante da zona. E entonces chegou o progreso, o políticamente correcto, e os vellos tiveron que ir para a casa. Onde deben estar, como non.

 

Pinchando  na imaxen, e cun pouco de sorte, podese ver o programa da TVG  "Vivir Aquí", emitido onte. Neste programa a xente denuncia o que considera inxusto para que os da televisión vaian hasta alí e polo menos dar voz as suas queixas. Nada novo, por outra parte.

O caso é que neste programa en concreto tratouse o tema de Miss e Miste Melide da terceira idade, e a Señora ou señorita que sae na foto foi a encargada de dar as explicacións dende o concello de Melide. Despois do Leer mas.. unha transcripción das suas palabras xunto coa miña opinión personal. Por certo, no video o tema empeza sobre o minuto 33, e a concelleira fala sobre o 37 e pico.
 

Pois entramos en materia.  O reporteiro empeza entrevistando a xente maior da zona, incluidos Miss Melide 2006 e Mister Melide creo que tamén do 2006. Estas persoas falan, algunha incluso emocionada, do que lles gustaba a festa, do que disfrutaban, e de que nunca se sentiron menospreciados. Nunha frase da señora coronada como Miss Melide: "Era un día feliz y distinto".

E entón entrevistan a concelleira de Benestar e Igualdade de Melide. Chupi guay:

"NOS consideramos que non NOS gusta en primeiro lugar ,non?, facer participar a xente maior nun evento que para NOS é como un pouco discriminatorio." (¿quizais o importante é o que lles parece a ELES e non a vos, non?)

"Pareceme que o feito de facer desfilar esta xente con vestidos novos, facendose "paripés", pareceme como unha burla hacia eles." (é que os vellos , xa se sabe, so poden levar vestidos... vellos. Si os poñen novos entonces fan "paripés". Todos de riguroso loito, eso si que é progre e igualitario.).

"A miña máxima é o maior respeto para a xente maior."
(xa se ve)

"Bueno, vamos a ver, si efectivamente hai moitisima demanda e a xente o quere asi, bueno, o mellor non teriamos inconvinte en facelo, pero en principio non somos muy partidarios."
(ou sexa, primeiro facemos o que nos sae das narices a NOS, e despois si os vellos protestan pois bueno, xa estudiaremos. Que bien, que bien.)

Xuro que onte, cando estaba a ver o programa en directo, non sabía quen gobernaba en Melide. Poño a man no lume que non tiña nin idea. Pero en canto vin a esa señora falando,  pensei inmediatamente nun partido.  Como non,  acertei.

A ver cando os políticos se enteran, de que por encima dos "ideais"  que veñen nos seus libros, por encima dos pensadores e dos ilúminados, está a xente. Os homes e mulleres que traballan, ou non, pero que tan só aspiran a ser o mais felices posible mentres lles dure esta casi sempre anodina vida. ¿porque non o entenden?

Resolvan vostede os problemas que ten o pobo, e si non o fan, polo menos non monten novos donde non os había. Sinceramente, onte, escoitando falar a esa concelleira do que agora se considera políticamente correcto, do progresismo e a igualdade mal entendidos, do "paripé" que si que fai ela, o único que sentín foi unha cousa. NOXO.