Aí atrás houbo unha discusión acerca de se se podía localizar ordenadores mediante a IP. Parece que en principio a respostá é afirmativa, xa que soamente hai que fixarse nos anuncios de chats de contactos que aparecen facendo publicidade nas páxina tipo "Paisanito de Brigantio desexa coñecer amistades". É decir, sábese dende onde se está accedendo. Sen embargo parece algo máis compricado averigüalo a touro pasado, sobre todo se traballa con IP's dinámicas, a non ser que teña acceso a algún rexistro de IP's asignadas. Pois aquí está a noticia e a sección, como dixen no seu día, para que a xente opine (ou afirme) se é ou non posible facer caza de bruxas vía IP.