Unha reunión pacífica e de bo ambiente. Así se resume a xornada do sábado 17 na nave abandoada de Eroski da zona do pasatempo. Ainda que a policía fixo amago de desmontar todo, finalmente permitíu que se levase a cabo durante todo o día. Ata 200 persoas de pico según a organización se deron cita no Karre representando a tódolos grupos da fauna betanceira e da comarca. Tamén houbo unha pequena recaudación para axuda á construcción de novos módulos de Skate e para cubrir os gastos do evento. A pesar de que a algún non lle importaría que houbese algunha pequena incidencia para poder entoar el "ya te lo dije", finalmente e felizmente, non pasou NADA, dando outra vez exemplo de civismo a rapazada autóctona, algo que escasea tanto na xente nova hoxe en día.
Antes de pasar á crónica máis "técnica" de Javi do que pasou neste primeiro Woodstock betanceiro en "Leer Más" onde se poden ver máis fotos, é necesario citar que todo esto ocorreu gracias á iniciativa propia de Jovendemente e Jasava, ademáis da colaboración de moita xente, dende Estela no posto de bebidas ata Ezequiel na mesa de mezclas e moitos outros que o que escribe non ten o gusto de coñecer. Tamén habería que agradecer á poli por non cargarse todo e pola súa comprensión, e á xente da praza do concello que colaborou co acto, é decir, Bugarín.

Ambiente co primeiro grupo da tarde: Sra / sr / sra