Tras
ver hai pouco a segunda parte desta saga que vai pola cuarta entrega,
decidín recomendala nesta páxina. Bueno, e a primeira tamén. O caso é
que, hoxe en día, é difícil manter a unha persoa 3 horas entretida co mesmo royo (hora
e media por entrega), pero esta película para o meu gusto o consegue
con creces.
Argumento
O
argumento é máis que típico dende que "Seven" sentou as bases hai xa
uns cantos anos: "Psicópata solto vai facendo das súas i é máis listo
que todos os polis do corpo xuntos". A partir de aí, as dúas partes de
SAW desenrólanse lixeiramente de forma diferente. Mentres que na
primeira a historia está contada case exclusivamente dende o punto de
vista das víctimas, na segunda víctimas, psicópata, e policías acaban repartíndose
os minutos do film a partes iguais, chegando a facer un mexunxe de quen
é víctima e quen agresor que mantén a intriga e crea confusión.
Hai que destacar os finais, se ven neste sentido a primeira supera á
segunda, aínda que alguén con bo instinto pode chegar a adiviñar o que
vai suceder, máis no caso da secuela.
Interés
Dende
logo non hai que velas coa idea de ir a ver un peliculón, pero teñen
esceas que valen moito a pena (atención á escea das xiringas na segunda parte). Ademáis sen excederse coa sangue e as
cuchillas, consegue esceas realmente grimosas. Outro aspecto a destacar
é a simpatía que transmiten os persoaxes, cando menos inestable, ó
igual que o xulgar quen é bo e quen malo, unha vez que está todo o
mundo debidamente caracterizado.Creo que é unha boa sinal que teña ganas de ver a terceira entrega, coa intriga de ver outra peli relativamente boa (véxoo difícil) ou ver como decae a saga. Sen embargo a existencia dunha cuarta entrega indica que non foi de todo mal coa terceira, non?
