Contenido
Todo | SAW I e II, ou como pasar un rato entretido |
| Escrito por xpab | |
| miércoles, 14 de noviembre de 2007 | |
|
Tras ver hai pouco a segunda parte desta saga que vai pola cuarta entrega, decidín recomendala nesta páxina. Bueno, e a primeira tamén. O caso é que, hoxe en día, é difícil manter a unha persoa 3 horas entretida co mesmo royo (hora e media por entrega), pero esta película para o meu gusto o consegue con creces.
Argumento O argumento é máis que típico dende que "Seven" sentou as bases hai xa uns cantos anos: "Psicópata solto vai facendo das súas i é máis listo que todos os polis do corpo xuntos". A partir de aí, as dúas partes de SAW desenrólanse lixeiramente de forma diferente. Mentres que na primeira a historia está contada case exclusivamente dende o punto de vista das víctimas, na segunda víctimas, psicópata, e policías acaban repartíndose os minutos do film a partes iguais, chegando a facer un mexunxe de quen é víctima e quen agresor que mantén a intriga e crea confusión. Hai que destacar os finais, se ven neste sentido a primeira supera á segunda, aínda que alguén con bo instinto pode chegar a adiviñar o que vai suceder, máis no caso da secuela. Interés Dende
logo non hai que velas coa idea de ir a ver un peliculón, pero teñen
esceas que valen moito a pena (atención á escea das xiringas na segunda parte). Ademáis sen excederse coa sangue e as
cuchillas, consegue esceas realmente grimosas. Outro aspecto a destacar
é a simpatía que transmiten os persoaxes, cando menos inestable, ó
igual que o xulgar quen é bo e quen malo, unha vez que está todo o
mundo debidamente caracterizado.Creo que é unha boa sinal que teña ganas de ver a terceira entrega, coa intriga de ver outra peli relativamente boa (véxoo difícil) ou ver como decae a saga. Sen embargo a existencia dunha cuarta entrega indica que non foi de todo mal coa terceira, non?
|