Contenido
Todo | O Ataque dos Tomates Asasinos |
| Escrito por xpab | |
| sábado, 02 de junio de 2007 | |
|
A verdade é que o cañonero puso moi alto o listón de pelis boas con " A Guía do Autoestopista Galáctico", pero eu tratarei de superalo coa obra mestra titulada "O Ataque dos Tomates Asasesinos"(especial 25 aniversario)
Portada da película
Para seguir un mesmo esquema, farei un pequeno resumo de que trata e despois darei a miña opinión.
Resumo
A película pretende ser orixinal, así que o orixe de todo vai ser unha mutación xenética involutaria. Sobra decir que a partir de tal mutación ós tomates dáselles por comer á xente, crecendo cada vez máis. Para convatilos, créase unha comisión de goberno que decide contratar un equipo de especialistas en distintos campos de combate. Ó fronte de tal equipo (tipo E.S.P.) está unha especie de cañonero que sempre está con cara de poucos amigos. O máis valioso de todo o equipo é o xefe de camuflaxe, que como se pode ver nas seguintes capturas é practicamente imposible de descubrir unha vez "convertido" no que quere imitar.
O "Cañonero" da patrulla capulla encargada de deter ós tomates
No transcurso da película hai acción, humor e uns efectos especiais impresionantes. O final é do máis inexperado, que recorda ó de outra peli máis actual na que tamén se combate contra un bichiños... verdes. A mellor idea para acabar cos tomates virá da man, claro está, do cañonero da película
Merece a pena?
Sinceiramente había veces que minimizaba a película para ver o tempo que quedaba. En termos xerais ten como 5 ou 6 toques bos, pero o demáis é bastante típico. Hai que ter en conta que é pioneira en parodias e que non se lle pode pedir moito máis, sendo na súa época unha película orixinal. O persoaxe máis logrado é xefe de camuflase, cos seus impresionante disfraces. Tamén sae un tío que se vai de gracioso cun paracaidas colgado todo o tempo detrás e cun sable. A verdade é que me quedo co xefe de camuflaxe. Ollo tamén o que fai de "malo", a cara de capullo que ten e que pon en certos momento. Atención tamén ó que fai a pregunta clave sobre tomates na roda de prensa que sae da película. En fin, momentos que non comprenderedes se non vedes a película, cousa que non creo que consiga. O que está claro é que é un clásico, así que vendo a película culturiceime un pouco máis, que nunca está de máis.
O xefe de camuflaxe disfrazado de Hitler e de tomate asasino. Irrecoñecible.
De todos xeitos creo que vale a pena botarlle un vistazo, que só dura hora e cuarto que se pasa rápido, pero dende logo non perdades cousas máis interesantes (patacadas, por exemplo) para ver a película.
|