Contenido
Todo | A Xauría Humana |
| Escrito por xpab | |
| jueves, 14 de junio de 2007 | |
|
O outro día na telivisión (12 xuño 2006) puidemos ver unha desas películas que dá gusto ver. A verdade é que eu non a coñecía, pero a película engancha dende as súas primeiras tomas e pódese ver minuto a minuto o gran acerto do título. Xusto 40 anos despois da súa estrea, ver esta película segue dando que pensar. Marlon Brando (nunha excelente actuación), Jane Fonda e Robert Redford encabezan un bo reparto que fai o que teñen que facer, é decir, fan creíble a historia.
![]()
De que vai
Un paisano (R. Redford) escapa da cárcere co obxetivo de ir ó seu antigo pobo a ver á súa muller (J. Fonda). Alí atópase toda a borralla que lle dá nome á película. No medio, hai aínda xente normal, como o sheriff (M.Brando) e a súa dona. A acción da película transcorre en día e pico, dende que a xente do pobo se entera que se escapa o R. Redford ata que nunha noite ebria todos intentar acabar con el.... ou con que se lles cruce no camiño.
Crítica
Dende logo había tempo que non me daban tantas ganas de zurrarlle a uns persoaxes dunha película. E esta película abofé que o consegue. Ó comezo da película non sabes ben quen che cae ben e que che cae mal. Ó principio o R. Redford é un perigoso ladrón ós que todos temen, pero ese temor, según vai pasando a noite e todos pillan a cogorza padre, vaise convertindo en búsqueda de lío, e quen mellor que un fuxitivo para conseguilo. Non é de estranar esa actitude onde todo o mundo ten unha pistola e onde ser negro e pasear pola rúa equivale practicamente á morte. Pero non só eso, nese pobo vale todo, dende unha paliza a o sheriff ata unha festa de borrachos. A película fai pensar no fácil que é sacar o máis primitivo das persoas, sobre todo cando o alcool se mezcla coa ignorancia e a intolerancia. Fai pensar tamén se EEUU evolucionaría ou segue sendo igual, cunha panda (eso sí, de poucos individuos) de ricachóns que se enriqueceron sen saber ben como, e que dan rienda solta á súa ignorancia respaldados por unha panda de paletos. Na película non te podes despistar ata o último suspiro e deixa un sabor de boca un pouco.... bueno, mellor que a vexades vós |