Contenido
Todo | De Tours a Orleans paseando polos chateaux do Loira |
| Escrito por xpab | |
| lunes, 19 de noviembre de 2007 | |
|
Ante o aluvión de peticións (a frioleira de...1 petición -de Estelilla-), decidín poñer o segundo "capítulo" da viaxe, por agora de ida, Betanzos-Amsterdam. En esta ocasión contarei un pouco como nos foi e que nos pareceu Tours e a xornada que pasamos polos castelos do Loira ata chegar a Orleans (non inclusive). Tours Castelos dos Loira
Ainda que a idea era visitar un número maior de castelos, a parsimonia e unha non moi boa pranificación fixeron que só nos dera tempo a visitar un e ver dous dende fora (un deles, apenas, xa que tiña parte vaiada).
O primeiro dos castelos a visitar foi o de Ussé, no que está
basado o conto da bela durminte (como ven recorda o "espectáculo"
montado con figuriñas dentro do castelo). Neste decidimos entrar (uns 8
euros por cabeza) pero o tempo que tiñamos (máis ben escaso) provocou
que finalmente fose o último no que entráramos. Dentro non hai nada demasiado
salientable, de todos xeitos vale a pena xa que se poden recorrer todas
as instalacións. A capela, os cortellos, os xardíns e o propio castelo
fixeron que finalmente botáramos alí máis tempo do que quixéramos. Os
carros de época e os torreóns son bastante espectaculares, e dende
estos últimos hai unha vista sobre todo o campo dos arredores,
probablemente antiga(?) propiedade dos habitantes do castelo. A montaxe
dos muñequiños da bela durminte, un pouco-bastante pastelosa, pero
supoño que para eles será o complemento ideal, sobre todo para os
nenos (ainda que algún maniquí metía medo....).
A segunda das visitas foi simbólica. En realidade no Castelo de Azay-le-Rideau
estivemos merodeando polos arredores, xa que non queríamos perder o
tempo que nos quedaba noutra visita maratoniana. O interesante deste
castelo é que ten unha fachada sobre o río, que sería interesante (pero
non foi posible) ver. Sen embargo, gracias a este castelo atopamos un
bonito sitio para comer ó borde do río, debaixo dunha ponte, degustando
paté de pato preto das futuras víctimas de tal manxar.
Para concluír a fugaz visita ós castelos, deixamos para o final (e porque cadraba de camiño) o impresionante castelo de Chambord. Co aspecto dunha mansión grande, o castelo está rodeado por inmesos xardíns e un canal que o bordea, onde se pode navegar cunhas barcas feitas para a ocasión. Xa chegamos demasiado tarde como plantexarnos entrar a visitalo, pero dimos unha volta ó arredor (que xa leva o seu tempo) e fumos a un bosqueciño pegado onde había un mirador para ver corzos e xabaríns. Nós só conseguimos ver unha familia destes últimos. Xa anoitecendo e cansados, collimos rumbo á terra de Juanita de Arco, a vetusta Orleáns, pero eso, como xa sabedes, é outra historia.
|