Contenido
Todo | Capítulo 3: Camiño de Bélxica (Orleáns e Reims) |
| Escrito por xpab | |
| domingo, 02 de diciembre de 2007 | |
|
A nosa chegada a Orleáns foi despois dunha maratoniana viaxe pola beira do Loira para ver castelos (detallada na capítulo anterior). Sen embargo aínda tivemos tempo a tomarnos unha botella de Burdeos ó chegar ó hotel (Bring de Snic, ou algo así..., 94 euros en total para os catro). É mais, aínda fumos a dar o tradicional paseo de tódalas noites ó chegar á cidade. De Orleans sorprende a súa maxestuosa catedral e as súas vetustas rúas. Sen embargo, despois de Tours e Burdeos xa apenas nos sorpendría nada. O plan era irse a durmir e pola mañá ir a ver a casa de Xoana de Arco.Chegou a mañá, e con ela a visita á casa da heroína francesa. A verdade é que non ten moito que ver, pero polo que valeu (1euro polo día que era, ou por diversos descontos), non estivo mal. Ata nos puxeron unha recreación dos feitos históricos acaecidos cando vivía a M. Pita francesa, mezclando unha narración con diversas maquetas ilustrativas. Sobre as 11 saímos de Orleans. Foi o día do "No probleeemo", pero esto é algo que queda entre os europadiantísticos.
|