Contenido
Todo | Brujas...que ben te conservas! |
| Escrito por xpab | |
| sábado, 12 de enero de 2008 | |
|
Tardou en chegar, pero aquí está o cuarto capítulo da nosa viaxe, esta vez en terras Belgas. Despois das noticias de fin de ano e o concurso de Gigoló 2007, pensei que era bo momento para introducir unha nova galería coas vivencias en Brujas. Como sempre, hai unha parte da galería adicada a partes da cidade, e outra máis pequena na que saímos os protagonistas da viaxe. Contarei un pouco que pasou coa axuda da miña memoria e unha pequena libretilla que fixen a forma de diario durante a viaxe. Erguémonos cedo para chegar pronto, sobre as 7:00 no albergue de Reims. Alí déronnos de todo para almorzar, como case en tódolos albergues. Ese día chovía. Collimos dirección Laon/Calais/Lille/Bruxeles. En Brujas non temos demasiados problemas para atopar o albergue. Chamábase "Europa Jugendherberge". Sobre 60 euros os catro. Pouca xente no albergue nesas alturas do ano, non tivemos problemas para aloxarnos alí. Saímos a recorrer o pobo e xantamos nunha especie de restaurante-pastelería, uns perritos (moooi ricos) e uns gofres (tiñan de todo tipo: cereixa, fresa, chocolate...). A comida con ese "menú" sae por uns 24 euros (ós catro, claro). A continuación, os fanáticos do chocolate recorren con éxito a cidade en busca dunha das moitas tendas especializadas. En todo o paseo vemos bonitos carruaxes taxistas de cabalos. Aínda tivemos tempo a ver o Lago do Amor, do que só Jovendemente e Seredka lle sacan partido, e as principais prazas. Tamén entramos nalgunha tenda a mercar, entre outras cousas, distintas marcas de cervexa. Para a cea unha patacas fritidas nun dos famosos postos da praza Markt, e unhas hamburguesas (20 euros todo). Despois da cea fumos ó garito Maricca Rock (nome enganoso, por certo) e tomamos cervezas de cherry que a algún non lle saben para nada a cervexa Finalmente, volta ó albergue onde probamos un par de cervexas das que mercáramos pola tarde. Despois fúmonos á cama sabendo que ó día seguinte nos agardaba AMSTERDAM.
|