Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Unha visitiña (CALMADA) por Amsterdam
Escrito por xpab   
sábado, 26 de enero de 2008
Pois por fin arribamos á culmen da viaxe. Tras unha semana, chegamos un nublado venres á capital holandesa. Por suposto, este lugar está debidamente documentado nunha galería gráfica no apartado de viaxes. Dálle a "Leer más" se queres saber un pouco máis polo miudiño que foi de nós por eses lares.

 Nos diques holandeses

 

En Amsterdam pódense facer moitas cousas. E conto aquí que andivemos facendo nós. Pode que haxa censura, e pode que non. Eso só o saben catro persoas neste planeta.
Saímos de Brujas cediño. A fronteira entre Bélxica e Holanda está moi industrializada. Apenas hai uns cantos prados de vacas. Tiramos dirección Utrecht, e o cabo de non moito tempo, estábamos na gran Amsterdam. O tramo en coche é barato, uns 5 euros en peaxes dende Brujas.

Unha vez na capital, sorprende a cantidade de ciclistas que surcan as rúas. O máis sorprendente é que non hai idades nin sexos para utilizalas: homes, mulleres, vellos, rapaces... O tempo está revolto (como se pode observar, na narración está todo moi telegráfico: estou sacando todo dunha pequena libreta que levei á viaxe).

Fixemos un longo camiño dende un parking onde deixamos o coche (creo recordar uns 40 euros dende o venres ata o domingo pola mañá) ata o albergue. En principio só tíñamos o día do venres alugado por internet. É recomendable facer a reserva con varios días de antelación, sobre todo se é fin de semana. En Amsterdam dá igual que sexa Outubro, o albergue estaba a rebosar. Cando chegamos, dinnos que preguntemos o sábado cedo (ás 7:30) para ver se deixan algunha cama libre. As habitacións son dunhas 20 camas, e pagamos (os catro) uns 80 euros por noite. Despois saímos a comer, pero non atopamos nada que nos convenza e só tomamos unha patacas e unhas curiosas croquetas xigantes. Despois dun chocolate e de patear a cidade, ceamos nun italiano por uns 50 euros.

Despois de cear fumos a un coffeshop e tomamos algo. Casi nos colan nunha festa universitaria (10 euros por cabeza), pero unha especie de profesor-porteiro dí que nanai de la china. Tras eso, só temos folgos para ir durmir.

Sábado 

Pola mañá cedo, tivemos que xestionar a nosa estancia para o sábado no mesmo albergue, con tan boa sorte que nos deixan as mesmas camas nas que estábamos para esa noite. O almorzo coma sempre xenial (había de todo).

Despois dun bo rato na lavandería, fumos a dar unha voltiña e buscamos onde xantar. Atopamos un lugar de bocatas-kebap. A pesar de que a nosa idea inicial era ir a algún museo e recorrer Amsterdam en bici, non fixemos nada de eso. Os museos estaban lonxe de onde andábamos e para alugar unha bicicleta había que deixar 50 euros de fianza, o cal nos botou para atrás. En vez diso, fixemos un pequeno "tour" guiado nunha barca polos canais (11 euros por cabeza) no que (creo que todos) aproveitamos para nalgún momento da viaxe, botar unha cabezadiña. Esta vez a cea foi nun oriental, a bo prezo, previa visita a unha cervexería de Heineken. Volvemos ir a un coffeshop, pero esta vez algo máis cedo, xa que en Amsterdam pechan esos garitos bastante cedo (sobre a 1). Despois de tomar algo alí, volvemos para a pensión, bastante cansados, para ó día seguinte comezar o longo regreso. O domingo, durmiríamos en Amiens.