Contenido
Todo | Aqueles maravillosos anos |
| Escrito por xpab | |
| miércoles, 27 de febrero de 2008 | |
|
Vanse cumprir por estas datas dez anos da imaxe da foto (Futuroscope, Poiteirs). Por entón, unha clase de 2º BUP do instituto Francisco Aguiar gañaba o rally matemático e viaxaba a Toulouse a competir con outros grupos doutras autonomías españolas e francesas. Realmente era unha clase chea de xente competente, que hoxe en día son médicos, arquitectos, inxeñeiros, músicos, biólogos.... Aínda que é unha desas viaxes nas que un pensa que se vai seguir tendo contacto coa xente para sempre, ó longo dos anos a intención queda moi lonxe da realidade. Se pulsades "Leer Más" contarei o que sei agora de cada un deles, poñendo o seu nome e o seu apodo do momento da viaxe entrecomillado. Se algún dos que está na foto lee este artigo, pois a ver se se anima a poñer un comentario. Para a demáis xente, pode resultar interesante botar un vistazo para ver se encontra a alguén coñecido. Por certo, tras unha gran mata de pelo anda un dos administradores deste sitio. Hoxe en día, esa mata pasou dun castaño oscuro a color "transparente". Que se lle vai facer....
Comezamos. De esquerda a dereita e de arriba abaixo: Tato: Sen comentarios. Polo que sei, segue polo instituto. Agustín "Jus": A veces aínda mo vou cruzando. A última vez que o vin, traballaba de guardia jurado. David Sanz "Sans": Biólogo, currando polo sur de Galicia. Tamén mo vou cruzando de vez en cando, no seu Miño e no meu Brigantio. Marisol: Creo que tamén aínda anda currando polo insti. Foi a nai da criatura. Sen ela non habería viaxe nin nada. Así que, 10 anos despois, gracias. Javier F. Dopico "Javi Paco": Este é dos fixos de Brigantio. Estivo traballando en xoierías, facendo inscripcións en xoias. Víctor Alonso "Ví": Aínda que o vexo de vez en cando por aí (cada vez menos), non sei a que se adica hoxe en día. Antonio "la-Toñi": Tamén é dos que se soe ver por brigantio. Vida adicada principalmente á música, na sinfónica de Galicia e dando clases de música. Adrian "cabezón": A veces, se saes por Betanzos, tes algún encontro fugaz con él. Non sei ben a que se adica hoxe en día... Joaquín Serrano"yoki": Aínda que fai vida na Coruña, soe pasar de vez en cando pola vetusta Brigantio. Hoxe en día, está exercendo a medicina emulando a House. Enrique Del Río "Jenri": Este tampouco necesita presentación. Coñecido "aberchale" local, exerce a política. Diego Villaverde "Villa": Un dos candidatos a Gigoló 2007, cumpre o seu sono de exercer de científico tolo nun laboratorio, como enxeñeiro informático na Coruña. Pablo Seoane "Parrulo": Colaborador nunha das principales páxinas web de Galicia. Hoxe exerce como Enxeñeiro Informático nun empresa en Brigantio. Tamén ten no seu curriculum un terceiro posto en "Gigoló 2007". David Velo "Velorio": Era un dos fixos da festa Brigantiona, pero xa hai que non o vexo. Dixéronme que curraba na gran empresa do polígono de Piadela de mozo de almacén. Estaba estudiando en Lugo Enxeñeiría Agrónoma. Emilio Seijo "Milocho-Miloito": Este foi dos que "caeu": Hai un par de anos, casou. Curraba como Enxeñeiro Naval en Madrid a última vez que o vin. Diego Tizón "Taison": Apurando os seus últimos anos como estudiante de Telecomunicacións. Tamén é dos que se deixa ver a miúdo por Brigantio. David Silvosa "Sapo": Arquitecto currando en Pontevedra, con gran apego por Brigantio, onde soe pasar gran parte do tempo. Manuel "Manolo-Fury": Tamén se deixa ver de vez en cando pola nosa vila. Lévalle a empresa de construcción ó pai. Consuelo Sánchez "Chelol": Estudiaba navais. Era unha fixa da noite Brigantiona ata hai uns meses. Marcos "Kinhos": A gran estrela da viaxe. Os pais rexentaban un bar en Sada. Dende 3º de B.U.P. non sei nada del. Pablo Sanmartín "Pablocho": Fixo das noites sabatinas en brigantio, traballa de Arquitecto Técnico. Sergio Seijo "Pollo": Estudiando Enxeñeiría Industrial, xa tivo os seus pinitos profesionais en As Pontes. Raquel: Outra das Miño girls da viaxe. Tamén lle perdín a pista. María Sande "Mary": Estudiou A.D.E. e acabo en 5 anos. Estaba currando, pero non sei exactamente onde. Rocío: Despois do instituto non souben nada dela. Nadia "Nadie": Segue sendo das fixas das Brigantio nights. Non sei a que se adicou despois do instituto. Yolanda "Rubia": A extranxeira do grupo, de Venezuela. Pista perdida despois do instituto.... Rocío: A veces se deixa ver por Miño e Brigantio. Non sei a que se adica hoxe en día. Mª Isabel "Isa": Está ben rematar con ela, xa que é a única (que eu saiba) que tivo descendencia dende entón. Hoxe é unha feliz mamá que curra fora de Brigantio (creo recordar que era en Valencia), pero se deixa ver pola vila de vez en cando. Estudiou biblioteconomía e documentación.
|