Inicio arrow Contenido arrow Todo 
St. Michel e o "descubrimento" Vannes
Escrito por xpab   
sábado, 12 de abril de 2008

En toda viaxe que se precie sempre hai un lugar co que non contabas e que sorprende gratamente. A cidade bretona Vannes  (en bretón Gwened) ocupou, no que a min respecta, ese lugar de honor. ¿E que decir de St. Michel, quizais o "Mount" máis coñecido? Se queredes, podedes ver cousas destes lugar no lugar habitual (galería->viaxes), con fotos dos lugares e de nós en eles.

Este día de viaxe (o 10º) foi dos máis completos, xa que hai que recordar que pasamos a mañá en Normandía para despois coller rumbo St. Michel e visitalo. O típico paseo nocturno, en esta ocasión por Vannes (entre St. Michel e o próximo destino, Carnac), foi dos máis fermosos de tódala viaxe. En realidade deste día non teño demasiados "apuntes", xa que como se pode ver foi bastante intenso. Para comer, levamos comida de supermercado e comimos "de campo" nos arredores do Mount St. Michel. O hotel en Vannes costounos 82 euros e ceamos pasta. Tamén teño apuntado "xente maja" en Vannes, así que se ides por alí seguro que vos tratan ben. No próximo capítulo (quizais o derradeiro) contarei a lo menos como eran os aliñamentos de Carnac. Atractivo, eh?

Michel e os viaxantes (parte deles)