Contenido
Todo | "Mini"-Camiño de Santiago |
| Escrito por xpab | |
| miércoles, 30 de julio de 2008 | |
|
Cada un combina como pode as súas vacacións, os seus hobbies e o seu estado de forma e ánimo. Se o tempo non é moito, un dos hobbies é andar en bici e estado de forma é aceptable pois... que mellor que facer un tramo do camiño de Santiago en bici?? Dende aquí trataremos de dar unha pequena descripción-guía do camiño de Santiago en tres días en bicicleta dende O Cebreiro. Se lle das a "ver más" verás algunha foto máis e algunha pequena recomendación.
Como non tiñamos quen nos levase nin en que transportarnos de forma autónoma, decidimos coller o tren para ir a un punto inicial do camiño, para despois ir hacia a capital. A opción máis factible era Sarria, pero o recorrido ata Santiago dende alí antoxábase curto para facer en 3 días. A solución foi, unha vez en Sarria, intentar ir ata o Cebreiro e despois retornar a Sarria para pernoctar. Sen embargo, non é boa idea para facer nun dos días máis calurosos do verán, así que despois de subir a San Xil, baixar a Triacastela e volver a subir rumbo a O Cebreiro, chega un punto onde decides que o mellor será voltar a Sarria, sobre todo cando para voltar aínda che quedan uns 40 km. Á volta volvimos por Samos (aínda que é algo máis longo o recorrido, é moito menos duro que volver por San Xil). En total, fixemos uns 70 km nesta primeira xornada. Recomendacións, pois as típicas, ter a bici en bo estado e ir con barritas enerxéticas e bebidas isotónicas. O mellor deste tramo sen lugar a dúbidas é ver os montes da zona de Triacastela. O lugar de albergue, un gran acerto. Por 7 euros danche no albergue Don Álvaro un recibimento amable, bastantes servicios e barra libre de chupitos ó carón da lareira. Outra cousa é que che apeteza poñerte a beber chupitos despois de varias ducias de km. no día e saber que ó día seguinte o que agarda é levantarse cedo para facer outros tantos.
Sarria dende o alto
Saíndo de Triacastela Montes de Lugo (Triacastela) Á volta por Samos De Sarria a Arzúa O segundo tramo, a priori o día de máis km (80 km), foi o que se fixo máis levadeiro. A néboa mezclada con orballo á saída de Sarria da ás ó cansado peregrín. O camiño, cheo de peregríns, misterio e bosta de vaca é digno de película. Sobre todo polo meigallo dunha nublada mañá. Vacas rubias, enormes e calmados cans, labregos e pastores dan ó extranxeiro un atracón da Galicia profunda, misteriosa, rural. Deste tramo non hai fotos, pero de todos xeitos non se recollería nin unha pequena parte do encanto do camiño. Hai que vivilo. A metade de camiño paramos a comer en Melide, no restaurante "O Toxo". Bo lugar recomendado por un paisano melidense.
Nalgún lugar do camiño....
De Arzúa a Santiago Trátase dun tramo amable para o ciclista (40 km), dun par de repeitos pero de maioría de baixada. Ó chegar a Santiago é curioso ir vendo as sedes de tódalas canles de televisión pública, así como as instalacións do aeroporta de lavacolla. Ademáis é gracioso ir adiantando ós perigríns que, a pe, fan os seus últimos km con unha gran ledicia. Como non fixemos nada por conseguir as credenciales (nin tampouco tiñamos os km necesarios) acabamos (ou case) a nosa pequena aventura diante da catedral. Sen embargo aínda tiñamos toda a tarde por diante e decidimos voltar de Santiago a Betanzos en bici. Só recomendable para os que estén en boa forma..... En total, case 260 km en 3 días, quizais demasiado para unhas perna amater. Pero chegar, chegamos.
En Santiago |