Contenido
Todo | Braga e O Porto, unha opción cercana |
| Escrito por xpab | |
| domingo, 24 de agosto de 2008 | |
|
Aínda que cun pouco de retraso, finalmente puxen a galería dos lugares que visitamos en Portugal na pasada Semana Santa. Na sección de galería, no apartado de viaxes pódedes ver se queredes unha boa colección de fotos de Braga, O Porto e Viana do Castelo. A Braga chegamos o xoves santo, e dende logo non se pode decir que sexa un lugar como para ir de festa pero, eso si, moi agradable para pasar un día. É doado atopar albergue nesas datas, e ainda que xa pasaron os meses, teño un bo sabor de boca do que eleximos nós. En O Porto (estivemos o venres santo) xa había moito máis que ver e que vivir. Moito español, i especialmente galegos. Dende logo é unha cidade moi fermosa, pero descuidada, o que non se sabe a ciencia certa se lle quita fermosura ou lle da un toque especial. Unha das visitas obrigadas é a das bodegas dalgunha das beiras do río para catar un bo viño. De volta está ben pasar por Viana do Castelo, pequena pero fermosa, un bo sitio para comer no camiño de volta a casa.
|