Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Crónica e fotos de Madrid
Escrito por xpab   
miércoles, 01 de agosto de 2007
Como está a páxina un pouco, digamos, abandoada, vou poñer aquí un pequeno resumo do que pasou en Madrid, na visita que Novo, Estela e Pablo lle rendiron a ÉL. Antes de nada destacar que puxen unha galería de fotos relacionadas, onde se poden ver distintos monumentos de Madrid. A visita, cronoloxicamente, foi como segue.

Mércores

Novo i Estela visitaron o Reina Sofía. Pablo pasou parte do día viaxando e Sergio traballando. Pouco máis que destacar aquí, xa que ademáis o narrador non chegou ata as 22:30 da noite.

Xoves 

O paseo pola gran vía centrou a mañá. Colón, Biblioteca Nacional, Cibeles, Palacio Real, etc, foron os entreteñementos durante o camiño. A comida nun turco "verdadeiro" concluíu a mañá. Tralo encontro con Sergio pola tarde continuou o paseo, e concluíu a noite nun mexicano, onde estaba o clon de San Luis, saboreando as ricas margaritas.

Venres 

Este día fumos ó prado, pero, ó contrario que en Galicia, non había vacas senón cadros. A verdade é que non deixa de ser curioso ver obras a uns centrímetros das que un está cansado de observar en libros. Pola tarde o tempo transcorreu paseando por certos barrios "singulares" como Chueca e Lavapies, e pasando preto de máis edificios emblemáticos como o da SGAE. A cea nun indio (moi picante, sobre todo algúns pratos) e a saída por Lavapies concluíron o día.

Sábado 

A remolonería fixo que perdéramos o mañá na casa sen facer nada. Pola tarde, un cálido Escorial recibiunos como a outros centos de giris nun día de xullo. A mala sorte fixo que á volta a Madrid o Valle dos Caídos estivese xa pechado, co consecuente desmoronamento de Sergio que non puido facer a súa quinta visita diaria. Para concluír a ronda de ceas curiosas, esta noite tocou cear un ovo de avestruz. É como un típico ovo frito de galiña, pero servido nunha paelleira repleta. Este día tamén apareceu o futuro diplomático Santi, e a noite acabou en Malasaña, onde Almodovar and cía planeaban as súas magníficas (???????????) películas.

Domingo 

O domingo pola mañá tocou feira.....ui,......digo rastro. Pola tarde, xa sen Novo i Estela, tocou paseo polo retiro, a terra do Angelito caído (que cando se escribe esta crónica non é o único). O mellor de todo é estar durante un rato no medio da gran cidade sen ver unha sola casa, só arbores. Tralo posterior acampañamente de Santi á súa casa, cea en "familia" con kebabs en casa de Sergio e para cama. O luns pola máña, Pablo, o derradeiro supervivinte da expedición, embarcaríase nun Alsa rumbo a Betanzos.