Contenido
Todo | The return |
| Escrito por xpab | |
| sábado, 27 de octubre de 2007 | |
|
Aquí estamos de novo. Despois de dúas semanas de viaxe, regresamos para contalo. Aínda é cedo para asimilar toda a viaxe, así que irei contando cousas por fascículos según me vaia acordando, sobre todo contar o que hai en cada sitio para que sirva de pequena guía para quen queira ir a ese lugar. En xeral foi máis ben unha viaxe turística e cultural que festexeira. Ademáis en pleno outubro por Francia, Bélxica e Holanda non se pode agardar moito ambiente polas noites. No seu momento contarei (con cadanseu galería gráfica) que nos pareceu Burdeos, Tours, os castelos do Loira, Orleans, Reims, Brujas (Bélxica), Amsterdam (Holanda), Amiens, Bayeux, praias e ceminterios de Normandía, Monte de S. Michel, Vannes, Carnac, Quiberon, Les Sables d'Olonne, Cognac, Donosti (Euskadi) e Cambre (Galicia) . Se a alguén lle interesan as fotos dalgún lugar concreto, que as pida, xa que as que porei serán escollidas e con calidade reducida, que senón non hai espacio. En canto teña todas as fotos comezarei por Burdeos, que merece un apartado para el so.
|