Inicio
 

Resultados 1 - 5 de 64
Autor : xpab

Un ano máis a xa tradicional patacada transcorreu sen incidentes no apartado lugar de Illobre. Aparte dalgunha novidade como as hamburguesas valentinianas e unha coción máis deficiente do normal dos tubérculos protagonistas, o único que intrigaba ós asistentes eran as negras nubes do ceo e o par de amagos de choiva que sufriron. A continuación conto (e ilustro con imaxes) o que deu a noite de si, e comentarei algunha das suxerencias (a maioría anónimas) que se escribiron no caderno deixado con tal fin.

Así comezou todo

20/06/2010 | 104 Hits | 1 comment | Read more...

Autor : xpab

Ainda que pareza mentira, aínda sigue habendo en Betanzos asociacións que se adican a organizar cousas para o lecer da xente. Unha delas é  o Club Btt Caimanes Betanzos que organiza ruteiros para facer en bicicleta de montaña. 

Un deles será a terceira edición da Ruta da Auga o próximo domingo 18 de xullo, que transcorre polos concellos de Paderne, Coirós, Irixoa e Betanzos e que ten tres variades de dificultade e dureza: Iniciación (22km), Ruta (43km) e Maratón (67km).

O precio de inscripción é de 15 euros ata o 12 de xullo (cifra que se incrementa 5 euros se a inscripción se fai máis tarde) máis os 8 euros do seguro. Contarase coa colaboración da policía e protección civil e avituallamento. Máis datos na páxina dos Caimanes, aquí

Pois nada, a animarse e así, ademáis de facer deporte e pasar un día polos nosos montes, contribuiredes a que organizacións como os Caimanes sigan facendo actividades deste tipo, vendo que poden contar coa participación da xente. Aquí deixo o carteliño.


12/06/2010 | 60 Hits

Autor : xpab

Outra vez o patín e outra vez o Gales ofrecerán unha alternativa para saír da monotonía o venres 11 de xuño.

Un par de vídeos de B&B (Betanzos e Barcelona, dúas das mecas do Skate) farán as delicias dos aficcionados ó deporte das táboas con rodas. O evento está organizado polo brigantiono Jasava, que non cansa de facer o que os políticos de verdade deste pobo teñen prohibido para que a vida dos veciños sexa un pouco máis levadeira: traballar. 

Aquí deixo o cartel, por se alguén se decide finalmente a pasar polo Gales a ver uns vídeos de skate con sabor a Harley.



08/06/2010 | 70 Hits | 1 comment

Autor : xpab

O que se viña rumoreando todas estas semanas semanas sobre o gran concerto no karre, por fin ocurrirá. Como algúns xa hai moito tempo que se cansaron de que os concelleiros só se movan para ir a cobrar a nómina, tiraron de contactos, xeneradores e algún centro comercial abandonado e organizaron o KARRE 4 LIFE. En concreto, os pais da criatura son os colaboradores habituais da páxina, os semi-administradores Jasava e Jovendemente. Será o vindeiro sábado 17 e terá actividades de skate e concerto, con barra para quen desexe tomar un piscolabis. O acceso será de balde. O cartel é o seguinte....

 


Para os que desexen comentar algo do evento, ademáis desta propia páxina (quizáis a oficial do acto), teñen un enlace nesa trapallada chamada facebook, pinchando aquí.

E para os máis  despistados, unha axuda para atopar o evento (preguntar polo pasatempo, o acto será detrás, ou simplemente guiarse polo barullo).

 


Ver Karre Skatepark en un mapa más grande

Aquí unha imaxe cos lugares máis destacados, para asegurarnos que ninguén se nos perda:

 

 

Dende aquí só nos queda desexar que saia todo ben, que non pase nada, que non acabe todo como no macrobotellón de informática, onde a xuventude desquiciada e imbécil mostrou de que é capaz. Esperemos ver a outra xuventude, a solidaria, participativa e constructiva, para que den ganas de repetir o evento e a nós de dar outra noticia do mesmo. Que Betanzos siga sendo un exemplo do que o pobo pode facer se hai ganas cando non hai ninguén disposto a facelo por él.

07/04/2010 | 421 Hits | 9 comentario(s)

Autor : xpab
ACTUALIZACIÓN:
Fotos de Javi (01/01/10)
Fotos de Lore (04/01/10)
Fotos de Txiki (18/01/10) Nesta mesma páxina, en "Leer Más...", abaixo de todo.

Antes de nada, felicitar dende Brigantio.com a todos os que pasan por aquí de vez en cando (e ós que non pasan) e desexarlles que o ano 2010 sexa tan redondo como o é a cifra que o forma.

Como tódolos anos, Brigantio foi madrugador e mostra algunhas das fotos tomadas antes, durante e despois da celebración no Ruínas Palace. A idea é ir ampliando a noticia con novos links que nos vaian pasando os presentes na cea para así formar un verdadeiro repositorio de todo o ocurrido na primeira noite do ano.

E tamén como tódolos anos dende a frioreira dun ano, tamén se recollen algún dos momentos do tradicional baño de fin de ano (edición 2009).

Eso todo será no "Leer más...", pero antes, como o prometido é deuda, aquí podedes ver con detalle os enxendros 2009 elexidos por democrática votación ó longo de decembro en brigantio.com. Todas unhas obras de arte (by Valba).

Enxendra: Izaro (ollos), Fany (orellas), Ana (nariz), Lorena (boca), Laura (pelo), Raquel (corpo)

Enxendro: Villa (ollos), Juan (orellas), Javi (nariz), Alexito (boca), Valen (pelo), Angelito (corpo)
01/01/2010 | 478 Hits | 4 comentario(s) | Read more...

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Siguiente > Final >>
  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved