Inicio
 

Resultados 61 - 65 de 65
Autor : xpab

Finalmente o tempo puido máis que as ganas de facer a patacada e haberá que esperar a ver que tal ven o próximo sábado, día 2. O que é seguro é que será o derradeiro intento, xa que máis adiante corremos o risco de que veña un avión antiincendios a botarnos media ría por enriba. Debido a este aprazamento haberá varias baixas nos invitados, como Juan e os Xemes, pero sen embargo poderán acudir outros, como Sergio e Yelina. Entón, en principio, temos unha cita para o día 2. A confirmación a dará o tempo. Sinto decirvos que teredes que pasar outra semana pendientes desta maravillosa páxina, pero é o que ten estar exposto ós caprichos do clima. Aproveito para decir que na garalería xa podedes ver fotos de carnavais e fin de ano, e que será aí onde se colguen as que se saquen na patacada. Veña, un brigansaúdo.

 

25/05/2007 | 487 Hits | 2 comentario(s)

Autor : xpab

Parece que o sol non quere dala cara por estes lares. Cando parecía que o tempo empezaba a tirar máis hacia o sol que hacia a choiva chegan os homes (e mulleres) do tempo para levar a contraria. Para que vexades que non me invento nada, aquí podedes ver a previsión para o sábado dende www.meteogalicia.es

 

Previsión para a mañá:                                         Previsión para a tarde:

Mañá do sábado Tarde do sábado

 

 Como podedes ver, a cousa non é moi prometedora, pero pola tarde parece que dan só nublado. É un risco mercar as cousas para o sábado se non contamos co tempo ó 100% así que por agora non se cancela a patacada, pero haberá que estar atentos a un posible aprazamento. Outra opción sería ter un sitio a onde ir se chove, pero eso está forá das posibilidades do organizador.

23/05/2007 | 648 Hits | 3 comentario(s)

Autor : xpab

<ACTUALIZACIÓN>

Parece que dan o tempo chungo para o fin de semana. Esto por agora non é o aprazamento definitivo, pero se as previsións se van cumprindo, contra o fin de semana (mañá ou pasado) aparecerá o veredicto definitivo. 

<FIN ACTUALIZACÍON>

Finalmente a patacada farase este sábado 26, se o tempo o permite. A lista de asistentes é a mesma que a da noticia que xa se publicou nesta páxina hai uns días. A petición da xente, decir que o menú serán patacas asadas e (en principio) salchichas do lidel. Ó longo da semana irei algún día pola leira para amañar un pouco. Se vexo que o tempo non mellora (ou empeora, depende como se mire...) daquela a data final será o 2 de xuño. Se hai voluntarios/as para botar unha man (ollo, Botar, non Votar, ese será o día seguinte) pois que poñan un comentario (non é necesario estar rexistrado) ou que me manden un mail 

 

 Imagen activa

21/05/2007 | 642 Hits | 4 comentario(s)

Autor : alex

Que Brigantio.com va a ser una página polémica de eso no hay ninguna duda...cada artículo, cada vídeo, cada selección de fotos tiene que pasar por la (dura) censura de estos tres personajes...como muestra este vídeo, donde los padres de la criatura (sobre todo papá Cañonero y mamá P.Seoane) discuten acaloradamente por una custión deportivo- económica...el pobre y más cabal Alexito trataba de aguantar lo inaguantable...una polémica discusión entre estos dos reyes de la dialéctica sin sentido

 

 

 

 

Con los inestimables comentarios de Sergio Seoane y Ángel Carro, al más puro estilo Montes/Salinas...

20/05/2007 | 561 Hits | 2 comentario(s)

Autor : xpab

Case todos os que son acudirán á cita. Se o tempo o permite, unhas ricas patacas serán asadas á luz da lúa o sábado 26 ou o sábado 2 de xuño. Aínda non se decidíu. Todavía queda moito, pero xa se van confirmando algúns detalles, como que neste ano haberá a novidade de incluír carne no menú. Os invitados confirmados, e dependendo do día que finalmente se celebre, son os seguintes:


 

15/05/2007 | 705 Hits | 2 comentario(s) | Read more...

<< Inicio < Anterior 11 12 13 Siguiente > Final >>
  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
¿Quién está en línea?
Hay 3 invitados en línea