Contenido
Todo | Preparando a festa |
| Escrito por xpab | |
| lunes, 26 de noviembre de 2007 | |
|
Como ben informou Alexito no seu día, xa podemos decir que hai local para fin de ano con toda a seguridade do mundo ou, mellor dito, sen nada de seguridade do mundo. Digo esto segundo porque este ano imos ter que obrar minimamente o "novo" local para que non haxa incidentes-accidentes. Ademáis hai que ir recopilando temas musicais para darlle ambiente á festa. Por exemplo, esta "perla" que me atopei por internet (dalle a "VER MÁS" se queres ver algunha perla máis e saber algo máis de finde-ano):
Como dixen antes, hai que choiar no local, ademáis das habituais limpezas e coberturas dos lugares menos "agraciados". O caso é que hai un pequeno inconveniente que lle dará emoción á noite. Trátase dun curto tramo de escaleiras sen pasamáns. O caso é que non debería haber problemas, pero o estado da xente nesa noite (digamos que en xeral é non óptimo) levaron á comisión de festas encabezada por Juan M. a prantexarse a construcción dun pasamáns artesanal. Xa son moitos os que se prestaron para botar unha man (Brigantio.com ó completo, habituais como Jovendemente, todo un veterano en chapuzas dragadenses como Seoane Father, unha habitual como a nai de Juan M., etc) así que entre inxenio e arrimar o hombreiro, non debería haber problema. Asistencia Outra perla
|