Contenido
Todo | Inverno en Galiformia |
| Escrito por xpab | |
| martes, 11 de diciembre de 2007 | |
|
Impresionante o mal tempo que nos está traendo este Outono. Tan malo é, que case nos está deixando sen auga. A continuación mostro unha foto de meteogalicia onde se ve a previsión para a mañá do venres. Nin en pleno agosto.
Aproveitando este tempo, estaría ben ir a xogar unha pachanguiña sobre as 16:00. É case que a única maneira de xogar en Brigantio, xa que conseguir unha pista cuberta e con luz neste concello presúmese case imposible. Unha opción é a pista de Guiliade, que é cuberta, pero en canto se vai algo de luz, ou tes a sorte de coñecer a alguén con chaves para acender ás luces ou xa podes xogar.... ás apalpadas. É triste, pero é o que hai nunha vila de 13000 habitantes, situación denunciada ano tras ano, lexislatura tras lexislatura. En Arteixo teñen 6 divisións só de fútbol sala. ¿Será tanto pedir unha para Brigantio? Fin de Ano. Gigoló 2007 |