|
Ingredientes:
-Un local no casco antigo do vetusto Brigantio
-Barra libre
-Equipo de música capaz de facer protestar ós veciños
-Barandilla recén instalada
-Concurso de Gigoló
-Máis de 60 invitados
... e ata un retrete
Mezclados debidamente, dan o primeiro gran acto do ano, alias FINDE, organizado por Juan M. e cía. Este ano seguíu a tendencia ascendente doutros anos, chegando a sobrepasar a media ducia de decenas en invitados. Sen embargo aínda faltaron moitos, como por exemplo os candidatos a Gigolós Santi e Villa (xunto coa súa "JA" Inés) ou Izaro e Txiki, baixas de última hora. Foi un acto onde os participantes deron exemplo de saber estar, xa que por segundo ano consecutivo non houbo incidentes, quitando a "chistosa" manía de baixar o automático. Se queres ver como foi a festa dende o punto de vista "oculto" do pincha, dálle a "Leer Más".

A festa dende o punto de vista dun pincha... oculto
O que narra tivo a boa ou mala sorte de adicarse a poñer cancións ó longo da festa detrás dunha cortinilla de papel. Como non podía ser doutra forma, eu fun dos primeiros en chegar, cando só o señor das chaves-lider-gigoló 2007-presidente-organizador Juan M. estaba presente no local.
Despois foi chegando o máis selecto da sociedade: Primeiro os señores
de Fontaíña, directos dende a capital de Hispania e presentando a
candidatura de Conseman a Gigoló. A continuación as Oza Girls e
acompañantes, como o ex-xogador do desaparecido Conse Álex-Conse, Víctor, ou os
propios candidatos a Gigolós Jasava e Alexito.
Non moito despois faría acto de presencia o único compoñente de Brigantio que aínda non estaba presente, o señor Valba coa súa parella Silvia, e os Xemes, sempre elegantes para facer honor á súa candidatura ó xa mencianado concurso de Gigoló 2007.
Tras unha búsqueda infructuosa de xeo, un soso Angelito intraxeado daba a cara na festa.
Aínda tardarían en chegar os últimos invitados da man de Yelina,
Antonio e o Objetivo, cos que chegaba o derradeiro candidato presente
na gala a Gigoló 2007, o señor Jovendemente.
Con todos
presentes a partir de, aproximadamente, as 3 da mañá, a noite foise
consumindo entre copas, bailoteos e algún que outro puro. Entón chegou
o primeiro amago de entrega do Gigoló 2007, do que a xente pasou
bastante, sen lugar a dúbida por non saber apreciar a importancia do
acto. Terían que transcorrer aínda algunhas horas antes de que a
verdadeira entrega, ante un público selectísimo e debidamente gravada
cámara en man, se levase a cabo.
Gran Gala Gigoló 2007
Finalmente non puido ser presentada por Lety, que xa non estaba no
local cando se levou a cabo. Sentimos moito que non se fixese antes,
pero hai que comprender que había que esperar a ter un ambiente
adecuado para levala a cabo. Como ó final non tivemos o pracer de
coñecer a Anónima Betanceira (a pesar dos esforzos de Álex Conse de
facerse pasar por ela), a clasificación final de Gigoló que se deu por
boa é a que está presente na noticia correspondente desta páxina.
Alexito e P.Seoane foron felicitados pola súa obxetividade e bon saber
á hora de darlle validez ós votos.
Debido a que xa non estaban Jovendemente e un pachucho Valen (esperemos
que xa esté recuperado), a gala-desfile foi a cargo dos Gigolós presentes
aínda na festa, sobre as 7 e pico da mañá, gala presentada por Laura e gravada por Loreto. Barral foi o único afortunadO presente. Ana e Fany completaban o público.
Primeiro desfilaron os
Xemes (1 voto). A partir de aí, todos os primeiros clasificados estaban
presentes. Jasava, cos seus 2 votos, foi o seguinte. Conseman (3 votos) saíu a
continuación, para jolgorrio dos alí presentes. O "bronce" Pablo (4 votos)
desfilou para dar paso ás "pratas" Angelito (outra vez soso) e un glamuroso Alexito (bautizado in situ como Anxelito), con 5 votos per capita.
Entón, a opoteose. 7:30 p.m. Brigantio. Casco antigo. Impresionante
coroación do GIGOLÓ 2007: JUAN M. Xunto con Juan coroouse a GIGOLÁ
2007, LAURIÑA.
Tras semellante acto, non había forzas para moito
máis, e pese a que se intentou levantar o ánimo no Xarope, o grupo
supervivinte decidía ir tomar os churros ó Druída, para seguir a
tradición dos últimos anos. E a partir de aí o último que recordo é que
cheguei á casa e sentín un colchón debaixo da miña cama e unhas mantas
quentiñas enriba....
Debidamente documentado
Por supostísimo (a dúbida ofende) o acto estará debidamente documentado
nesta páxina, tanto en galerías de fotos (teño que recopilar as de
Valen, Loreto, Jasava...) como de links a youtube de vídeos de
distintos momentos da festa.
E xa só desexar que doxeunano esté poñendo outra crónica en Brigantio.com, e que estemos todos para leela.
FELIZ ANINOVO!!!
|