Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Monólogo en Brigantio... haberá máis?
Escrito por xpab   
sábado, 16 de febrero de 2008

O pasado Venres 15 de febreiro houbo un divertido monólogo de David Amor. Foi contratado pola cervecería Zoki e levouse a cabo nunha hora moi acertada: estaba programado para as 22:20, ainda que finalmente comezaría sobre as 22:50.

O monologista tratou multitude de temas, e neste caso a súa longa duración (sobre 2 horas) non provocou o aburrimento da xente. O humorista xogou con temas da súa vila natal, críticas a políticos e relixiosos e rematou "disfrazándose" de yonki. O bo ambiente do local, totalmente cheo, tamén colaborou para facer o acto máis atractivo.

O caso é que sería unha pena que este tipo de actos se perdesen por un cambio de goberno local. Está máis que demostrado que é unha boa alternativa para as noites dos venres, e que compensa totalmente ós hosteleiros que acceden á que o acto se celebre nos seus locais. Non sei se está programado algo para esta temporada, pero se así é, pois poñédeo nun comentario e así seguro que non son o único que se leva unha alegría. E se se sabe que non se van a levar a cabo, pois a poñer un comentario tamén para poder criticar a supresión do principal entretemento cultural das noites de venres de Brigantio nos últimos anos.