Contenido
Todo | 2009: Festa de finde no "ruínas palace" |
| Escrito por xpab | |
| martes, 11 de noviembre de 2008 | |
|
Fin da votación: Miss fin de ano 2008: Laura (4 votos) Míster(es) fin de ano 2008: Jasava e Ricardo (2 votos) Pois si, amigas e amigos brigantionos, este finde Juan M. deu luz verde para publicar esta desexada noticia, despois de confirmar que hai local para celebrar a entrada no 2009 (como pasa o tempo...). Trátase da celebración dunha das festas con máis solera da vila, sempre en casco antigo, e que este ano cumple a súa 6ª edición. O local será o mesmo co do ano pasado que sí, señoras e señores, segue en pe. Xa está confirmada a presencia do máis granado da sociedade brigantiona: a dirección de brigantio.com ó completo, as Oza girls, Juanito and cía., Angelito... Por outra parte, aínda non está confirmada a presencia de xente vetenerana neste tipo de festas, pero á que aínda non houbo tempo a comunicarlle a invitación. Como aínda queda moito (máis dun mes!), o prezo, hora, bebidas, etc, iranse concretando en función do que se vaia falando e da xente que finalmente se reúna. O motivo de dar a noticia agora é que se vai tentar emular, ainda que sexa en parte, o éxito do concurso de Gigoló 2007. Esta vez amplíase o concurso, de tal xeito que se vai a escoller "Miss e Mister 2008 in ruínas palace". A continuación as bases: Concursantes: Todo aquel susceptible de vir a finde ano. En caso de que non acuda, o premio será para o primeiro/a que está na lista a continuación. Votantes: Será voto válido o de toda aquela persoa da que brigantio.com (ou achegados) poida demostrar que exista. Senón, sería moi doado votar moitas veces sendo, pro exemplo "Brigantiono", "Anónimo Brigantiono" ou "Alexito Calamaro". Con estas bases tan sinxelas, arrinca o concurso. Para votar, moi doado, un comentario con quen crees que sexa Miss e Míster findeano e porque. Ós gañadores premiaráselles dalgunha forma, e terán que facer o baile central do acto. Importante: O autor da noticia (coñecido por xpab, pablo, doctor amor, cachondón, calvito sexy, etc) queda exento para manter a obxetividade no reconto de votos ata finde ano. Importante (2): Ainda que parecía que non facía falta aclaración, en principio só se aceptan votos a rapazas no caso da elección de miss e votos a rapaces na elección de míster (somos así de conservadores...). Calquera votación que non cumpra eso, quedará automaticamente anulada. Así que, nada máis.... a votar!!!! RECONTO VOTOS Mister ruínas palace 2008: 1º JaviOza: 2 2º Ricardo: 2 3º Juan M.: 1 4º Pablo: 1 5º Sergio: 1 6º Alexito: 1 7º Xpab: 1
Miss ruínas palace 2008: 1ª Laura: 4 2ª Izaro: 3 3ª Loreto: 1 4ª Xuliña: 1 Gigolos 2007 (faltan Novo, Santi, Valen e Villa): Pablo, Juan M. (gañador), Alexito, Angelito, Conseman, JaviOza, Xeme Soldado, Xeme |