Contenido
Todo | O día 2, cita en Illobre na gran patacada (lista final(?)+precio) |
| Escrito por xpab | |
| jueves, 31 de mayo de 2007 | |
|
Esta vez sí e definitiva. Agora ou nunca. Este fin de semana o tempo recibe un ultimatum para que acepte unha tregua e permita a celebración da II patacada. A continuación escribirase unha lista cos elexidos, ainda que, como non podía ser doutra forma, non será ata o mesmo día cando se coñezan todos os "convocados". Un par de avisos, para evitar confusións. As patacas en principio serán asadas A PELO, é decir que se botarán na borralla quente para que se asen. O aviso vai dirixido á xente fina: Os que queiran poden levar papel albal para envolver as patacas que lle correspondan. Por suposto, as patacas as poño eu. Outro aviso é que vir implica que se vai pillar para comer para cada persoa A NON SER QUE DIGA O CONTRARIO. Se algún de vós ven ceado ou prefire levarse a súa comida, que avise. Seguramente o que se pille sexa algo de carne e algo para beber. En canto HORARIOS e LUGAR, eu creo que o mellor é quededes entre vós con alguén que soubera chegar ata o "aparcamento" do ano pasado, e subir cando vos veña ben a partir das 20:30 ou 21:00 (eu xa estarei alí con algún "voluntario"). Por agora creo que nada máis, revisade se estades na lista (ou se non estades). No caso bastante probable de que falte alguén (se non recibín ningún aviso voso), que me avise, e os que vou a poñer en dubidosos que confirmen canto antes (menos os xemes, que xa sei que non o van a saber ata o mesmo día). Se hai algunha novidade avisarei ó longo da semana:
Os que coman carne, serán 2,5 euros. Os demáis, GRAAAAAATIS ;-) Lista de invitados: -Valen -Silvia -Álex -Angelito -Maryem -Novo -Estela -Yelina -Javi Oza -Julia -Loreto -Lorena -Leire -Laura -XemeS(ó mellor se pasan) -Villa -Inés -Sergio
...i eu
En total, 18 (sen contar os xemes). Pois eso.
|