Contenido
Todo | Caneiros.... e máis do mesmo |
| Escrito por xpab | |
| miércoles, 08 de agosto de 2007 | |
|
Como se pode observar en calquera calendario de festas de Betanzos, os actos van a ser os mesmos que outros anos, a pesar de que a renovación das festas era unha das propostas que había en tódolos grupos nas eleccións municipais. En fin, aínda foron onte como quen dí e haberá que darlles tempo. Polo menos hai que agradecer que reduxeran o número de "verbenas" en varios días, pero as actuacións musicais siguen sendo tan malas como sempre (en opinión persoal, claro) se ben o señor Cibera se salva por ser bastante "mediático" e polo tanto por ser un posible foco de atracción de xentiña. No que respecta á xente Brigantio, o máis normal é que as festas pasen desapercibidas como tódolos anos... para case todo o grupo. Sen embargo a algúns nos segue gustando, por exemplo, ver saír ó globo, víramolo 10, 20 ou 50 veces (outros simplemente non o ven non porque lles guste ou non, se non pola razón aplastante de que "siempre es lo mismo"). Se se repasa o panorama, vese que tampouco está a cousa para botar cohetes (que creo que este ano literalmente non se botan): Sergio na secta, Pablo e Novo currando, Angelito e Alexito "proxectados", Valen en exames, Juan un pouco de todo.... Pese a todo, os Caneiros son a sábado. ¿Que consecuencias pode ter para nós esto? Pois basicamente, ningunha, como se fosen a luns... Esta romería, despreciada dende hai anos pola maioría da xente do grupo (non digo que teñan ou non razón) pasará desapercibida para esa maioría. Novo e Pablo soen ser os únicos que se animan, aínda que este ano se conta tamén a lo menos con Juan para os primeiros. Para os segundos, tamén vai vir en principio Sergio, e, polo tanto, pode que bastante máis xente, tendo en conta a capacidade de convocatoria de tal persoaxe. Pois pouco máis, só agardar que nos días dos Caneiros veña bo tempo, que non haxa tantas avispas (de feito están fumigando) e que haxa tan bo ambiente coma sempre. E que no globo non choiva nin faga vento, que esté todo perfecto para fastidiar ós graciosillos que sempre están desexando que pase algo (que se vaian a unha praza de touros...). Aí quedan as posibles "convocatorias" para os Caneiros, ás que oxalá se vaia sumando máis xente: Caneiros I (18 agosto): Novo, Pablo, Juan, Daniela(?), Estelilla(?) Caneiros II (25 agosto): Novo, Pablo, Sergio, Juan(?), Compañeiros de Sergio(?) |