Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Pepe estrea o seu globiño
Escrito por xpab   
miércoles, 15 de agosto de 2007

Se se fai unha páxina sobre Brigantio, era imposible non citar nunha noticia o seu acto principal ó longo do ano. O xoves 16, un artefacto ovalado de papel de 25 metros de altura por 50 de circunferencia, con distintos chistes de actualidade pintados sobre él e co nome científico globo de San Roque, sobrevoará polas nosas cabezas. Observado gustosamente por algúns (a maioría), para outros chegou a ser odiado (como o resto das festas) ata non importarlles non velo ou ata evitar facelo. No primeiro grupo estamos os tres integrantes da páxina, e incluso o ano pasado Valentín tivo a ben retratalo. Se este ano o volve facer seguro que subirá gustoso algunhas fotos de mostra, como nos gustaría a moitos. En principio só a choiva pode evitar que se leve a cabo o lanzamento, pero non parece que sexa o caso. Supoño que a maioría de nós estaremos alí, xunto con unhas 50000 persoas máis. Esperemos que todo vaia ben e sen incidentes, e que os chistes que se pinten no globo sobre o novo goberno sexan medianamente ocurrentes, ou polo menos que se vexan....

Máis, e máis, e máis Caneiros 

A pesar de que causa molestias a sobreinformación, considero un complemento á primeira noticia o informar sobre a xente que se vaia apuntando (ou desapuntando) ós Caneiros durantes estes días previos, e fareino por coherencia e porque o considero interesante (sempre está a sinxela opción de non leer as noticias se non interesan). Pois ben, ó gran, o caso é que JavyOzza virá, pero só a comer (que non ata o campito dos Caneiros). Tamén mostrou interese Txiki, ainda que a súa participación nunha festa coma a dos Caneiros está máis que dubidosa. Sen embargo a comer pode vir calquera e así de paso celebramos un acto entre colegas. Como estamos (agora sí) a poucos días do evento, para calquera actualización ampliarei esta noticia ou porei un comentario. Por agora évos o que hai.