Contenido
Todo | Actividade vai, actividade ven... |
| Escrito por xpab | |
| sábado, 08 de septiembre de 2007 | |
|
Despois de transcorrido un par de semanas dende as festas, producíronse algúns actos dos que estaban programados. Algúns, tradicionais, como a tortillada Javi, e outros máis novedosos como a chorizada á caña celebrada (finalmente) na casa dunha atarefada Inés, a punto de finiquitar os seus estudios do DEA. O primeiro dos actos citados foi o mércores 5. Ó longo de todo o día foi pasando xente, sobre todo da terra de Oza e skaters de Brigantio. I é que o bo tempo e a piscina facían a cita moi atractiva. A foto recolle o momento da fugaz comida, onde Ángel, Juan e Pablo a penas tiveron 45 minutos, por diversos motivos, para acompañar. Leti, Carmen, Julia e Izaro (xunto co "fotógrafo" Javi) puideron disfrutar máis tranquilamente da velada sen velas. Uns días antes, en concreto o sábado 1, Inés e Villa celebraban a chorizada planificada en principio para o día dos Caneiros, e que ía ser, tamén en principio, en San Xiao. Ó final por diversos motivos celebrouse finalmente en casa de Inés. Tamén se celebrou o campionato de Skate, con gran éxito de participación, o día 1. Viñeron os mellores de toda Galicia, e de "parte do extranxeiro". Parece que se vai consolidando este acto organizado por Javi. Pois por agora é todo. Aí vos quedan un par de fotos para que se vexa o ambiente dalgún dos actos.
|