Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Festa de tortilleras e tortilleiros
Escrito por xpab   
sábado, 06 de octubre de 2007

Por fin vai saír á luz a gran aposta de Pepe en canto a actividades lúdicas en Brigantio: A primeira festa da tortilla. Ó longo do sábado 6 e o domingo 7, faranse diversos concursos entre os cales haberá os relativos á elección da mellor tortilla de restaurante e a mellor tortilla "amateur". 

A praza do campo leva ocupada, xa dende hai uns días, cunha carpa enorme que tapa o que serán as mesas da celebración e un pequeno escenario.

Probablemente o acto teña máis éxito ca outros actos que se viñan celebrando (dada a fama do prato protagonista do acto na vila), sen embargo, dende o meu punto de vista, peca de certa falta de promoción.

Agardemos que a xente se achegue a Betanzos e a cousa vaia ben. De este fin de semana depende que se consolide ou non para vindeiros anos e nos desapareza coma outras que pasaron ó limbo das celebracións (aínda recordo un par de "festas da cervexa" e de "festa do galo", aínda que esta última non sei se denominaba así exactamente...)