Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Galego de salón
Escrito por valen   
miércoles, 12 de diciembre de 2007

Sempre me sorprendeu a "curiosa" normalización da nosa linguna (da de todos nos, que nos pertence do primeiro ó último), xa que resultaba cando menos curioso que a xente tivese que falar, dun dia para outro, con incribles palabras que nin os mais vellos do lugar (de ningún lugar) coñecian. Palabras fermosas, construccións sintáctica marabillosas, novas terminacións que deixaban a un coa boca aberta. Eso si, podías recorrer Galicia (Galiza!) de cabo a rabo e non escoitarias a ningún nativo pronuncialas fora dos amplos despachos de Santiago de Compostela.

E nos últimos tempos a historia foise repetindo (debe ser que os galegos non sabemos falar o que levamos falando tanto tempo), facendo que os pobres paletos e paletas (de tenis) se culturizasen un mínimo e empezasen a dar as grazas, como Deus manda, ós que co seu esforzo incribel estabeleceron as ditas normas. Porque sí, o estabelecedor que estabeleza bo estabelecedor será.

Unha vez interesado polo apaixoante tema da na normalización lingüística, puxenme a buscar por esa gran fonte de coñecemento que é internet, e atopei un documento que se titula: Cambios na normativa oficial do galego, cambios que polo que se ve se aprobaron en xullo do 2003 (ti fijate, hasta o 2003 sin da-las grazas ás garzas) O que teña interés pode baixar o documento desta dirección:  http://www.culturagalega.org/biblioteca_detalle.php?id=100. Eu mentras fago unha análise dos cambios que alí se fan, pero coma sempre, será despois do Leer mas.

- O nome da letra <q> pasa a ser que. : ¿o que?

- Galiza considérase tamén unha foma lexitimamente galega, amplamente documentada na época medieval, que foi recuperada no galego contemporáneo.: Ben, ben. Pero esto trátase de normalizar a nosa lingua ou de crear unha nova a medida? Non sei si o termo Galaecia non estaba documentado tamén para aceptalo ou se deixou para a versión de dentro dun par de anos.

- Amplíase a relación de voces con –zo, -za: diferenza, espazo estanza (“estrofa”), graza, licenza, nacenza, novizo,perseveranza, presenza, querenza, sentenza, servizo e terzo.: Estas novas palabras son para paliar un pouco a sequia que temos enriba, porque o pronunciar varias seguidas é habitual soltar algunha cuspe involuntaria (ou voluntaria encuberta)

- Considéranse admisibles tanto –ble como –bel e, en consecuencia, admítense tamén as formas duplas do tipo establecer ou estebelecer.: Esta como me gosta (ou é justa?) Ese fermoso estabelecer (supoño que o segundo e do texto é rata)  que  asubia no aire, que se paladea cos ouvidos (ouvidos, eso pon na normativa, quen non ouviu algunha vez o de ouvir?) e restala como un pau petando nunha lata. Es..ta.. be.. le.. cer.. Pura poesía.

- Engádense bacallau e pau á relación de palabras en –au.: Nesto vai por diante a xente, que en moitos sitios decia pau de toda a vida. Agora poderá dormir tranquila sabendo que non está incumplindo as normas. Todo un alivio.

- Acomódase ao esquema –án / -á as seguintes formas: afgán, alazán, alemán, barregán,, bosquimán, capitán, catalán,ermitán, escribán, gardián, musulmán, rufián, sancristán, sultán e truán.: Aquí notase que a xente da normalización seguía o panorama internacional: afgán, musulmán, sulltán..Si, solo lles faltou talibán, pero é que parecialles xa meterse en moito sarillo.

- O esquema –ón / -ona queda reservado para formación aumentativas (homón, mullerona...) e para deverbais pexorativo (abusón, abusona...). Nos demais casos, ón / -oa (anfitrión / anfitrioa, león / leoa...).:  Ese leoa, tan vocalizante, que che fai ir abrindo a boca pouco a pouco según o pronuncias, supoño que para que parodies o león da Metro e os demais teñan motivo para rir un cacho. Todo un acerto, desde logo.

- Deglutínanse os numerais entre vinte e trinta: vinte e un, vinte e dous, vinte e dúas...: Levo pensando un tempo porque xusto entre vinte e trinta, e non conseguín chegar a ningunha conclusión. Pero xa sabedes, que a ninguén se lle ocurra deglutinar a un numeral entre trinta e corenta. Que te tiran ás leoas.

- Elimínanse triple e cuádruple.: :-( Vaia por Deus, tantos anos con nos como levaban. Con ese triple salto que agora haberá que suprimir das olimpiadas, ou eses xelados que xa non poderán ter tres bolas. Co de cuádruple estou dacordo, que non facia mais que marear por ahí a xente e ademais non valia pa nada. Tomar por saco hombree!!

- Admítese ouvir ao lado de oír.: Ou sexa, que se admite "ouvir oír".

- Elimínase entonces.: ¿Entonces cando?

- Elimínanse anque, nembargantes, sen embargo. Engádense no entanto, porén.: Co ben que me quedaban a min as frases con ese rimbombante "nembargantes"...E agora, merda.

 

A verdade é que disfrutei moito con este repaso as novas normas. Da gusto ver que a cousa se move, como debe ser. Agora xa solo espero o día en que "recuperen" a Ç e poder decir eso de "Como te quero, coraço!"