Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Brigantio, ano 2008. Propostas
Escrito por xpab   
miércoles, 09 de enero de 2008

Coa chegada do novo ano chegan tamén as peticións de mellora para a nosa vila.... e para a nosa páxina. A modo de "12 meses, 12 causas", propoñemos que a xente vaia poñendo suxerencias do que agarda do ano, tanto da vila como desta páxina. Esta proposta de noticia foi unha boa idea do lagarista Alexito que, debido ó seu desterro por motivos políticos ó Gulag do Carballiño dende que unha señora gañou as eleccións, non ten o tempo que quixera para colgar a noticia, ademáis do aterefado que vai a estar montando o vídeo "Gran finde 2008".

O modo persoal, eu espero da páxina que non sexa necesario que haxa unha polémica para que a xente participe e visite este sitio (pero para eso teremos que poñer cousas interesantes).

Como mellora para a vila, a pesar de que hai cousas máis importantes, teño a espiña clavada de non poder botar unha pachanguiña de fútbol sala cada vez que chove sen ter que tirar de coche. ¿Será tanto pedir un pavillón cuberto en Betanzos? Xa sei que existen algúns, pero inaccesibles o fin de semana, por exemplo. Estos días estábamos indo a Guiliade, pero xa algunha vez tivemos que ir ata Ois (Coirós) para poder xogar un rato.

Hai queda eso. Se queredes dar o vosa opinión, xa sabedes, comentario co que faríades neste, o noso pobo e na vosa páxina amiga. Estamos seguros que a alcaldesa e os Alexito-valen-xpab, respectivamente, atenderán ás vosas peticións.