Contenido
Todo | Galicia "Bi"lingüe |
| Escrito por xpab | ||
| domingo, 02 de marzo de 2008 | ||
|
Buscando información sobre a nova organización Galicia "Bi"lingüe, atopei a perla que aparece ó final do artigo. A verdade é que tiña curiosidade por ver que pedían, así que mirei a súa páxina www.galiciabilingue.es. O que se pode sacar de ela, en xeral, é todo moi bonito (elección de idioma na educación e na rúa, etc), quitando algunha cousa que outra que a min, persoalmente, me fixo gracia e me parece un exemplo para explicar o significado de hipocresía nun colexio, como falar de que hai leis en Galicia "que puedan provocar marginación de los ciudadanos que hablan una de las dos lenguas oficiales", refiríndose ós casteláns falantes. Como xa dixen, todo moi bonito. Pero entón mirei por youtube a ver que se cocía. No vídeo que mostro a continuación saen declaracións dos dirixintes da organización citada. Ademáis de dar sempre o seu discurso nun extrano "bilingüismo-castelán", chegan a contradecir o que sería un pais bilingüe, xa que defende un dominio forte da lingua castelán e uns coñecemento básicos da lingua galega para "comunicarse" (curioso bilingüismo...). Decididamente, creo que vendo o vídeo non hai moito máis que decir. Ten moito para comentar, pero o autor da montaxe xa se ocupa de facelo. Dende logo, non se pode decir que invente nada. Paréceme un pouco triste que os propios galegos estén tan empeñados en acabar co idioma. Non só non chega con non utilizalo (aquí non hai nada que decir, xa que cada un é libre de falar no que crea convinte) senón que intentan botar abaixo leis que o intentan equiparar ó castelán. Durante anos houbo unha presencia aplastante do idioma que defende a asociación G.B., pero entón nadie protestou (quitando os "radicais independentistas"). Dende logo, o que está claro, é que non merecemos o idioma que temos. É como o que ten un tesouro i está empeñado en acabar con el, en vez de tratar de ensinar ós seus fillos a disfrutalo. Se vos movedes un pouco en youtube, en concreto neste vídeo pódense observar cousas moi curiosas. Sen pretender excusar ós que intentar mostrar as campartas (está claro que a intención é crispar), dá un pouco de gracia os comentarios do medio de comunicación acerca da noticia, moi "obxetivos". A contramanifestación é de "grupos radicales" (por ensinar pancartas) e "independentistas" (por non estar de acordo coa política de G.B.). Destaca tamén a forma "pacífica" que teñen de expulsar ós "alborotadores" (nalgún caso simplemente por mostrar algunha pancarta) da sala, a base de zanrandeos, puñetazos e rotura de pancartas. Dende logo, toda unha liberdade de expresión. Repito que non foron formas de protestar, e que alí non pintaban nada, pero hai formas e formas de facer as cousas, e de informar delas.
|
||