Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Un ano de Brigantio.com
Escrito por xpab   
domingo, 04 de mayo de 2008

O próximo 15 de maio, fará un ano a primeira noticia de Brigantio.com. Nela se falaba da inminente II Patacada. Ainda que Brigantio naceu como unha forma de ter decentemente aloxadas as páxinas do triunvirato creador , é decir, Conse-Conxegal-Lbdm, finalmente decidíuse unificar as forzas creativas para dar lugar a esta páxina, que crece día tras día.

Ainda que ó principio estaba pensada para informar sobre os actos da xente máis próxima, tras ir pasando o tempo fóronse abarcando máis temas e se acadou unha miniuniversalidade coa que en principio non contábamos. A verdade é que botando a vista atrás vese que pasaron moitas cousas: eleccións, festas, viaxes, críticas negativas, positivas, e xa no máis persoal, celebración de actos, novas parellas, novos matrimonios, cada vez menos solteiros.....

En fin, que para celebralo haberá que facer a III patacada, onde espero ver á xente brigantio, no acto que ano tras ano vai collendo solera e que marca o inicio estival de celebración de actos.

Para darlle unha pequena homenaxe á páxina, a continuación repaso as 5 noticias máis vistas ata agora, comentando cada unha delas. Se queres ver o "top 5", pulsa "Leer Más".

5º, 408 hits: Polideportivo para todos

Autor: Valen

A noticia foi todo un traballo de investigación periodística de Valen, que incluso chegou a ter comentarios dos propios aludidos do Troula. Foi a primeira dunha saga de noticias de Valen destinadas a concienciar sobre a mala situación das instalacións deportivas de Brigantio, pero que parece que ata agora non conseguiron moita cousa. Botándolle un vistazo a noticia, e como curiosidade, pódense leer comentarios sobre outros temas, de entre os cales destaca o intento de fixación de data para a cea Alexito-Angelito.

4º, 436 hits: El Regreso del gran Andrés

Autor: Alex

Esta noticia non soe ser das típicas que ocupan o top 5 nunha páxina deste estilo, sobre todo porque non ten nada morboso nin rosa. Sen embargo a calidade e interés da reportaxe, unida á unha interesante foto da moza de Calamaro, fixeron que pouco a pouco se fose coando entre as máis leídas. Ademáis, ata se pode acceder a escoitar on line distintas mostras do disco "do gran Andrés" desde o corpo da noticia. O repaso unha a unha das cancións e os comentarios sobre o peor e o mellor do disco, lle dan unha chicha especial a esta noticia, que fixo que esté entre as máis destacadas da páxina.

3º, 476 hits: Guía Brigantio: "Garitos 2008"

Autor: Brigantio

Só necesitou unhas poucas semanas para entrar no podium. Sen dúbida é unha das noticias máis graciosas dende que vive Brigantio.com. Chea de "perlas", destacan as críticas dos garitos máis cacahueteiros, como a do Forum. Realizada por ata 4 expertos distintos e coordinada por xpab, tivo pronto un feixe de comentarios de xente que daba a razón ás críticas cacahueteiras. Ademáis, chega con ser de Brigantio e saír algún sábado para ver que as críticas son reais, ou case, pero sempre dende o cariño hacia ós garitos máis concurridos da nosa vila.

 2º, 613 hits: O finde 2007-2008, o primer gran éxito do ano

Autor: xpab

Sen dúbida foi o artigo máis morboso da páxina. Máis que o propio artigo, foi nos comentarios onde se subíu o ton e se escribiron cousas que nunca se deberon de escribir, facendo un circo para o jolgorrio dos que buscan algo máis que unha simple noticia na páxina. O obxetivo desta páxina debe ser a partir de agora evitar que esto se repita dentro dela e, a pode ser, tamén fora.

 

E A MÁIS VISTA FOI.... 

1º, 936 hits: Gigoló del año 2007

Autor: Alex

A unha distancia considerable das súas perseguidoras, con case 1000 visitas está a noticia do Gigoló 2007. A mezcla temática, onde se mezcla dende a crítica ó morbo, e o formato  noticia-votación fixo que a noticia botase medio mes acaparando tódalas visitas, comentarios e modificacións (actualizacións nas votacións) de Brigantio.com. A descripción "fiel" dos candidatos, tremendamente graciosa nalgúns casos, as fotos dos candidatos, a inclusión a última hora do diplomático en potencia Santi, a candidatura conxunta dos xemes, etc, quedarán xa sempre formando parte da historia desta nosa páxina.

Pois eso....
Como se pode ver, no top-5 se recollen noticias de todo tipo (crítica, morbo, periodística....) co cal dende Brigantio.com podemos estar contentos, porque eso é o que pretendemos, ter unha variedade politemática de noticias para que a xente se enganche e nos dé motivos e nos motive a seguir escribindo cousas, que no fondo é o que nos gusta. Dende Brigantio.com, gracias por estar aí.