Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Vaia concursante...
Escrito por xpab   
domingo, 26 de octubre de 2008

Unha das capacidades que ninguén lle discute a Internet é a capacidade para sorprendernos con todo tipo de cousas que non sabíamos. Así, estos días rulouse entre os adolescentes do pobo un link a un vídeo que acabou chegando ás mans de brigantio.

En tal vídeo vese un personaxe da vila (cun aspecto entre Bunbury e "actor secundario Bob"), máis coñecido polos que cursaron algún ano no instituto Francisco Aguiar de Betanzos. Non hai que agardar moito para ver de quen falo, xa que o nome xa aparece nos créditos como "El osado concursante", pero sen embargo hai que agardar ó minuto 2 para poder velo en persoa. O programa, "Si lo sé no vengo", do ano 84. Fixarse tamén nun Jordi Hurtado 24 anos máis novo ou na moda das azafatas en bañador. Dende logo non ten perda.

A continuación o vídeo da presentación do concursante. Amplía a noticia se queres ver outro vídeo no que repasa os logros do concursante e onde se di o que finalmente conseguíu. Toda unha perla.

Aquí está o que o "Gorrocha" finalmente conseguíu... a onde viaxaría finalmente???