Contenido
Todo | Rajoy dixit |
| Escrito por xpab | |
| jueves, 11 de octubre de 2007 | |
|
O mércores 10, o aspirante a presidente do goberno, o señor Rajoy fixo unhas declaracións dun estilo que ata agora só vira ó Rey ou ó caudillo. Nelas decía que el se sentía español e que coñecía a xente que tamén tiña ese sentimento, basicamente. É decir, nada que non se soubese. E o decía en vísperas do festivo nacional. O caso é saber que se pretende con todo este montaxe... conseguir máis votos e crispar a situación? Pode que teña éxito, nun momento da historia en España onde hai un equipo de goberno que non leva ó pe da letra a idea de que "España es así y punto, porque lo dice la Constitución". Eso non gusta, en xeral, á xente deste Estado. Pero o peor non é eso. A sensación que se quere transmitir é que "los que son como yo y se sienten españoles, son los buenos, los demás son terroristas". Creo que esto non é máis que outro paso na demonización dos nacionalismos (ademáis de intentar meter ó SOE no mesmo saco), e mentres que os que o intentan facer crer non teñan (máis) éxito, non vai pasar nada. As últimas políticas nacionalistas tampouco axudan, e reforzan a posición dos crispadores. En Euskadi, o lehendakari pide facer un referendum para o ano. En catalunya quéimanse fotos do Rey. En Galicia, bueno, en Galicia nada. De todos xeitos, o lehendakari está no seu dereito de convocar un referendum non vinculante, i en Catalunya os poucos exaltados que queiman a foto dun paisano clave na historia de España (polo visto, clave para ben do pais) non veñen senón a representar o que hai moito tempo que se prantexa pola rúa: a necesidade da continuidade da monarquía, de que uns continúen ocupando un cargo importante por ser fillos de quen son. Resumindo, que dende o meu punto de vista o señor Rajoy é un oportunista e probablemente o seu mensajito de patriotismo guste, sobre todo na xente máis conservadora do Estado. E ademáis os de ETA poñendo o seu granito de area para crispar máis na súa loita sen sentido. Espero que o estado da nación esté máis calmado cando volte a ela. Au revoir!!
|