Contenido
Todo | Movida Brigantiona: Quen te viu e quen te ve! |
| Escrito por xpab | |
| domingo, 01 de junio de 2008 | |
|
Brigantio. Finais dos anos oitenta. Agosto. Día grande das festas. Servidor sube pola rúa do rollo hacia a súa casa, na todavía "calle de las discotecas" aínda da man dos seus pais. Subir ese pequeno tramo lévanos varios minutos. Onde agora hai un chino e unha droguería, había unha discoteca e un pub, que anos despois intentará volver abrir, sen moita sorte (chamado Parking). Máis para arriba estaban o snack-bar Alexandre, o Verde Menta e o actual (e único supervivinte) Ráfagas. Dobramos a esquina e vemos ó río de xente. Nilson (que despois sería G2 e finalmente Xolda) e a Iris marcan o ritmo da rúa. Tamén hai xente comendo no Morris I. Completando a movida da rúa hai por aí algún sitio máis, como o desaparecido Canaima, o Malibú (hoxe en día People) ou o Kyu. Non facía falla que fora festa para que a rúa estivese ateigada. I eso é o que podo recordar desa época.
Brigantio. Mediados-Finais dos noventa. As calexas a reventar. O bar O Globo en auxe. Á Adega van os máis roqueiros e, de vez en cando, aínda organizan algún que outro conciertillo. Subes para arriba. Os máis bravú teñen o seu destino no Frutos. Parada obrigatoria no S'Alquila. Por suposto, hai que pasarse polo Cartoon, xa que hai tanta xente fora como dentro e se tes sorte podes pasar sen demasiado agobio. E xa que estás alí, porque non ir a facer un karaokillo ó Pub La Calle?. Como os vellos rockeiros nunca morren, teñen a súa propia rúa. Así, aí está o LolaMento e o Anduriña, xunto ós inmortais Saco e Gales. Se non estás moi marchoso, que tal un billar na Frontera?? O Garelos é para os maiores. E se che apetece un "piscolabis", está preto o Saloon. Se queres prolongar a noite, alá está Troula. Iris empézase a facer co público máis novel. A fame entra e vas a tomar algo ó Bocatas ou ó Morris I ou II. Se queres ver amencer, Xolda estará disposta a facer a longa espera contigo. Brigantio. Finais da primeira década do novo Milenio. Dálle a "Leer Más" se queres saber o que hai por aquí hoxe en día.
Hoxe en día o abanico de posibilidades é menor. As calexas xa non teñen o peso dos anos noventa, pero sen embargo son a principal opción de saída. O Globo xa non se enche como antes, ten a súa clientela fixa, como a cervercería Estrella. O Pozo claudicou e non aguantou o descenso de xente. Para tomar a primeira, colle forza a Zoki, antiga Internacional.
Sen embargo, outros sitios como O Rincón do Roncón e as Caipirinhas danlle un toque de frescura á zona. Os verdadeiros reis da noite son a Tasca e a Adega, hoxe en día semireconvertida en pub, a partir de certa hora da noite. Arriba as alternativas principais son dúas: Ou ben apostar polo dueto Saco-Garelos ou ben polo Ráfagas-Xarope. Así de sinxelo. Por suposto que hai outras opcións, pero o groso da xente (case sempre os mesmos) se decantan por esas opcións.
Na zona de pubs de Betanzos (entre Rosalía, Rollo e Seijo Rubio) había hai só uns anos máis dunha ducia de lugares de diversión. Hoxe en día apenas quedan a metade. Aí van algunhas mostras dos que non aguantaron o baixón.
Xolda agora é unha moblería Troula é unha tenda de roupa (a lo menos mantén o nome)
Canaima leva anos destrozado
O Bocatas e o Morris-2 agora son un parque infantil e un local en aluguer, respectivamente
O Zirrosis e o Mangole son dous exemplos máis en aluguer da rúa Rosalía
O Mangole, pese a que tivo varios intentos de apertura, non se chegou a manter aberto moito tempo seguido
Na rúa Pintor Seijo Rubio só queda un pub. Os Cartoon, La Calle, S'Alquila, Hangar e Saraiba acabaron así: Cartoon-La Calle
Hangar
Ós das fotografías hai que sumarlles o Frutos, O Mariñeiro, Tops, etc. Polo menos agora non hai tantos camellos. Pasaron a ser cabalos....
Punto de inflexión ou final?? Na miña opión sempre haberá por onde saír en Betanzos. Está claro que a xuventude que non se pode desprazar vai a ter algún sitio na vila. E ademáis sempre quedan os "románticos", xente que nin Coruña nin Ordes foron capaces de facelos exiliar da movida brigantina. Que volva a ser como antes é máis difícil, pero nunca se sabe, sobre todo vendo como medra a poboación no pobo, o que facilitaría as cousas para o rexurdimento, xa que a xente chama á xente. Como non todo son lugares que pechan, aí van un par de exemplos que creen aínda no encanto da zona de marcha para montar negocio. Ben é certo que son (ou serán) unha pizzería e unha chocolatería, pero por algo se empeza.
Próxima chocolatería (antigo Botella)
Pizza Tutto
|