Contenido
Todo | Presentación de Helville en Coruña |
| Escrito por xpab | |
| miércoles, 08 de octubre de 2008 | |
|
O pasado sábado 4 de Outubro o gran artista E. Bunbury presentou o seu disco nun gran concerto no Coliseum da Coruña. Foi unha presentación espectacular, mezclando os novos temas do disco Helville De Luxe cos de "toda a vida", como Infinito o Lady Blue. Se queres ler un pouquiño máis acerca do tema e ver un par de fotos máis, xa sabes onde tes que pulsar. Foi diante de 3500 espectadores. Fíxose agardar, retraso en parte provocado pola fozada das pantallas xigantes, que non foron quen de facer funcionar, pero como dixo o propio Bunbury "aquí venimos a escuchar música". Diante quedaban 2 horas e media de bos, boísimos e regulares (os menos) temas. Como mostra, gravamos un pequeno video de "Infinito". Ó velo xa aparecen outros vídeos relacionados do concerto con mellor calidade.
O concerto comezou co tema "EL CLUB DE LOS IMPOSIBLES, seguido por outro tema menos expectacular como "Señorita Hermofrodita". A continuación comezou a alternar vellos temas cos do novo disco, nese momento inédito. Soaron tamén temas como "SI", "SUERTECITA", "SACAME DE AQUÍ" ou "SÓLO SI ME PERDONAS", ainda que o repertorio foi tremendo. Os momentos máis destacados foron cando soaron os grandes temas da xa extensa discografía deste maño, como "EL EXTRANJERO", "LADY BLUE" ou a versión blusera de "INFINITO". Tamén houbo tempo (eso sí, pouco) para Héroes, e como non podía ser doutra forma, o tema elexido foi "APUESTA POR EL ROCK AND ROLL". Entre cancións, tamén había en ocasións breves intervalos de tempo que permitían cambiar o vestuario do artista, que comezou cun chapeu estilo western, e chegou a estar nalgún momento espido.... de cintura para arriba.
Quizais como lunar, a falta de cancións do seu primeiro disco (Radical Sonora), co cal se deixou no tinteiro temas como "Salomé" ou "Alicia". Tamén anecdótico que no medio dun tema se lle estropease o micro (foi un concerto tecnoloxicamente accidentado) e que un fan (parece que mexicano) lle regalase unha pequena caixiña metálica que Bunbury non foi capaz de abrir, pero que recoñeceu como un bo regalo: "Esto sí es un buen regalo, hermano". Quedará a dúbida de que era que portaba a caixiña... Do novo disco destacaría a rockera "El hombre delgado que no flaquerá jamás", a tranquila e bela "Aquí" ou a tramén lenta "Canción Cruel". Pero esa é outra historia. Por agora o que é seguro é que haberá que escoitalo máis veces. Unha mostra da súa profesionalidade e saber facer, foi que fixo ata 3 bises (!!!), o último totalmente inesperado, e máis cando no segundo xa parecía que se despedía co tema "...Y AL FINAL". De feito algunha xente xa abondonara o recinto. En conclusión, algo moi recomendable se se coñece medianamente o repertorio do cantante e se quere pasar un bo rato escoitando cancións de tódolos estilos, dende melancólicas ata movidas, para pasar de pensar do amor que non puido ser a tódalas festas que quedan por vivir. Chapeau, maese Bunbury. |