Inicio

El deporte rey por supuesto tiene su sitio.

 

Resultados 1 - 5 de 24
Autor : valen

     

Esta vez as gradas non estiveron cheas de bandeiras de partidos políticos, si non de xente. As bancadas ateigadas de persoas de toda condición e idade preocupadas tan só en animar e arroupar a un equipo de fútbol máxico, de outro planeta, doutra galaxía.

Un cheo absoluto en Riazor como xa fai tempo que que non ocorría convertiu un simple evento deportivo en todo un espectáculo, nunha sinfonía de fútbol brilante e inmortal ante a que moitos quedaron coa boca aberta.

Unha das cabezas pensantes de Brigantio.com, ademais de eu mismo, tivemos o pracer e o privilexio de acudir a esta auténtica festa do deporte o pasado sábado, polo que a continuación paso a relatar un pouco o alí sucedido cunhas cantas fotos e algún que outro video que quedarán como testemuñas desta nova demostración de poderío da selección. Tras o Leer más, coma sempre.

08/09/2009 | 599 Hits | 7 comentario(s) | Read more...

Autor : xpab

Chegou o momento para a nosa selección. Partido clave hoxe en Riazor. Máis de 30000 ánimas irán a animar ós paisanos asturianos, cataláns ou brasileiros que representan á ROJA. Bueno, á que esta noite será roja, porque o rival tamén o é na maioría das veces que xoga.

En frente á ROJA, a temible Bélxica. Todo un partidazo: o equipo que perdeu 0-2 coa temible EEUU vs o cuarto clasificado dun grupo con potencias como Bosnia ou Estonia. Dende logo merecerá a pena pagar os prezos "populares" de ata 60 euros para ver ese desplegue de figuras. Por se houbera xa poucos alicientes, se se rebusca un pouco nas gradas tamén se poderá atopar á parte galega da selección. Todos os galegos nas gradas. Ese será o importante lugar a ocupar por Diego López na selección.

O espectáculo estará asegurado. Cun pouco de sorte, o representativo Manolo del Bombo deixará a imaxe de ESPAÑA ben alta. Antes de comezar o partido, a cantar os himnos. Bueno, perdón, para cantar un himno hai que saber francés ou  holandes ou alemán ("O Belgique, ô mère chérie, A toi nos coeurs, à toi nos bras..."). Pero non preocuparse, para o himno español tamén un se pode poñer a tarear como galo na corte. Para eso temos o "canta con Espe". Véndoo un sinte orgullo de pertencer a esta gran nación.

Pois eso, quería formar parte da festa, neste lugar -Coruña- ideal para un partido da selección. Neste lugar onde por ir a ver a once paisanos galegos xogar ó fútbol es tan nacionalista como por non ir a ver á tomatina. Neste sitio onde está tan mal visto ser rojo como non ser da roja. Neste sitio onde ir a ver á selección galega é  un acto político pero ir a ver á selección española é só ir a ver fútbol.

De seguro que a delegación brigantiona que estará no partido fará unha interesante crónica do partido (hai que aproveitar, xa que os estadios galegos non soen ser os elexidos para  "vestirse" de vermello e amarelo). Esperemos que esta noite se lembren de sacar fotos onde se vexa como o campo anima ós nosos representantes. En fin, que sorte poder animar a Sergio Ramos.....

 

 

05/09/2009 | 550 Hits | 13 comentario(s)

Autor : xpab

Por cuarto ano consecutivo, o Brigantio irá a tomar Sada. Este ano cambia o formato, xa que hai menos equipos pero todo parece indicar que se tratará dun sistema de liguilla. O incremento no precio da inscripción conleva un aumento sustancial tamén no número de partidos. 2 partidos por semana (ou quizais 3) porán a proba a resistencia dos bravos brigantionos. A machada increméntanse tendo en conta que a maioría delas están a disputar o torneo de fútbol sala de Betanzos. Premios de ata 2200 serán un aliciente para manter o ánimo.

A pregunta é que Brigantio nos atoparemos este ano. ¿Será o carismático do primeiro ano, o arrastrado do segundo ou o desafortunado bo equipo do ano pasado? A plantilla está composta por: J (porteiro), Mauro, Valen, Iago, Dani, Manu, Pablo, Moi, Sera, David Bello, Angelito e Tiago. Toda unha garantía para competir por algo. O cuarto ano debe ser o da confirmación. Xa non será sorpresa. Será consolidación.

A continuación a foto dos máis buscados de Brigantio, os xogadores do  asalto a Sada 2009
Advertimos de que esta foto pode ferir afectar ás sensibilidade dos espectadores:


 

 Un lance do xogo en Sada 


29/06/2009 | 765 Hits | 42 comentario(s)

Autor : xpab

No día en que se escribe esta noticia, cúmplense 7 de anos dunha das xestas futbolísticas da historia do fútbol español. David contra Goliat. Coruña contra Madrid.

Ese día media españa (a españa non branca) era do dépor. Nunca tanta xente disfrutou cos goles branquiazuis. Ese día un rey español lle daba o trofeo a un Ribeirense contra todo pronóstico. A veces o opio do pobo tamén ten moralexa. Que tempos. Que grande.

 

 


06/03/2009 | 587 Hits | 2 comentario(s)

Autor : valen

Miercoles 2 de julio. Cafetería de la Casa de la Cultura de Sada, en plena celebración del sorteo para el campeonato de Fútbol Playa de esa localidad. El grupo rojo tiene ya cinco equipos, sólo queda un hueco por completar, el marcado con el número 16. Nadie lo quiere.

Aun faltan muchos equipos por obtener su lugar en el cuadro. Hay esperanza. Grupo verde. Grupo Blanco. Grupo Azul. El rojo no sale, el 16 no aparece. Y el Brigantio todavía espera su turno.Cada vez más cerca, y no hay forma. Y llega el turno. Bueno, en realidad no. La organización tiene un lapsus y se salta un equipo, para justo pasar a sacar bolita para el Brigantio.

Como no. El 16.

Y lo que en su momento ya parecía malo, revisando datos de otros años se ha convertido en una auténtica pesadilla. Y es que en el grupo Rojo, el Brigantio deberá verselas con:

-Los campeones del año pasado, del anterior, y del anterior a ese, están en el grupo rojo.

- Los cinco rivales de los azules pasaron a octavos el año pasado.

- Tres de ellos estuvieron entre los 5 equipo menos goleados del torneo.

- Tres de los 5 máximos goleadores del torneo pertenece a equipos del grupo rojo.

- Dos equipos del grupo llegaron a semifinales el año pasado.

Mañana, a las 20:45, empezará el show. Brigantio contra todos, Brigantio contra el mundo. En el grupo de la muerte. Y pico.

06/07/2008 | 647 Hits | 2 comentario(s)

<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 Siguiente > Final >>
  

Powered by AlphaContent 3.0.4 © 2005-2010 - All rights reserved