O luns 7 de xullo ás 20:45 hai unha cita en Sada na que se tratarán de respostar ás seguintes preguntas: ¿Con que nos atoparemos este ano? ¿Seremos o equipo desganado que defraudou o ano pasado ou seremos como aquel equipo debutante que se clasificou para os oitavos contra todo pronóstico hai dous anos?
Pase o pase, será con caras novas e sen algúns dos que fixeron o mellor e o peor nestes dous anos de Brigantio fútbol praia. Así, este ano non contaremos con Bello, Juan M., Álex, Dani ou Argui e daremos a benvida a Tiago, Álex III e (quizáis) ó carismático e polémico Jhota, á espera de ter o visto bo do médico tras unha operación. O resto, pois os de sempre: Valen, Moi, Mauro, Pena, Sera, Angelito e Pablo. Dende logo o hándicap principal á espera da confirmación de Jhota vai a estar en quen ocupe o posto de porteiro. Da actual plantilla, Pena e Pablo ocuparon a portería nalgunha ocasión, con distinta sorte según o partido.
En canto ó grupo que nos tocou, un par de campións de edicións pasadas, outro par de descoñecidos e nós. Estamos no grupo "Rojo", onde os que completan a lista ata chegar ós seis equipos somos Brasukas, Dush/Vagalume, Morrisey, Carcosa, Webplanet e Brigantio.
Os dous primeiros son vellos coñecidos. Ó Brasukas fixémolo sufrir na liguilla o primeiro ano no que xogamos, no que a posteriori o equipo vermellón ocense se convertería en campión. O Dush está na curta lista dos equipos contra os que acadamos a victoria. Dos demáis non sabemos moito que contar, salvo que todos son clásicos do torneo quitando a incógnita "Carcosa".
O calendario (atentos xogadores e seguidores!!) será o seguinte:
Xornada 1 Luns 7 de Xullo
|
20:45 | Morrissey | 4 | 2 | Brigantio |
Xornada 2 Venres 11 de Xullo
|
20:45 | Dush/Vagalume | 3 | 6 | Brigantio |
Xornada 3 Xoves 17 de Xullo
Xornada 4 Mércores 23 de Xullo
Xornada 5 Mércores 30 de Xullo
|
20:45 | Webplanet | 5 | 3 | Brigantio |
Que gañe o mellor, a ser posible, o Bringantio.
