Contenido
Todo | Crónica da Debacle |
| Escrito por xpab | |
| martes, 03 de julio de 2007 | |
|
Sobrou xente (e iso que non estivo Mauro) e faltou actitude. Con esa sensación se foi o equipo de Sada despois de ser vapuleado por 1-8 contra os "Exclusivas". Un tercio foi o que durou o Brigantio antes de convertirse nun xoguete nas mans dun rival que non tivo (nin tiña porque) nin un gramo de compaixón. Precisamente foi un bo exemplo do que debemos facer: Presión no campo rival, tensión, contundencia, gañas... Nós, escenificamos todo o contrario. Según foi avanzando o partido, máis era a anarquía e o vapuleo que nos metían. Se o partido tivese outra parte máis, ó rival non lle costaría chegar ós 15 goles. Nada máis comezar, xa nos gañamos o trofeo de pardillos do torneo. Saca un rival, en vez de tirar abre á banda, ninguén sae (constante ó longo de todo o partido) e gol. Menos mal que Sera empatou pronto e aínda estivemos motivados un rato. A partir do 1-2 o equipo foi aguantando a duras penas, pero nun par de xogadas (mal cubertas) chegou o 1-4. Despois chegou a clave do partido, ou, ó menos, a nosa última oportunidade de meternos nel. Sera recibe un balón na área, revólvese i é trabado polo porteiro. Penalti. Pero nin así, Sera falla o penalti e o partido morre un pouco máis para nós. Só quedaba que os rivais, co partido gañado, empezasen a facer cousas de cara á galería.Así, un gol a pase de tacón e unha baselina sen deixar caer o balón que tamén rematou en gol viñeron nos minutos da basura, con todo visto para sentencia. Finalmente 1-8 e a esperar ó seguinte rival que, según parece, está plagado de estrellitas mediáticas-coruño-sadenses. A saber que pode saír de aí.... |