Inicio arrow Contenido arrow Todo 
Sera, Argui (actualización) e Dani baixas para a 4º xornada
Escrito por xpab   
martes, 17 de julio de 2007

Dani e Sera causarán baixa para o cuarto partido do Brigantio en Sada. Mentres que Sera é baixa para o resto de campionato (vaise a traballar a Ourense) a non ser que se chegue á fase final (je je) que se xogaría en fin de semana, Dani non pode ir por outros motivos. Argui xa está avisado para as 20:00 en Sada, hora do intranscendente partido. Polo tanto, como moito, 10 serán os matados que xoguen o partido.

 Próximo martes

Tamén parece que haberá problemas para xogar o derradeiro partido, xa que é víspera do día do apóstolo e moitos xogadores brigantinos teñen plans para ese día. Estase a mirar o seu aprazamento, pero parece unha cousa compricada xa que ese mesmo fin de semana se xogan as finais e ademáis non sería moi motivador ir a xogar un partido no que ningún dos equipos se xoga nada. 

Actualización: é ás 20:00, non ás 20:45, co cal Argui, nada.

Actualizacion 2 (día 19): Palmamos 3-5. Fumos todos menos Sera, Argui, Dani, Pena e Bello. Quedouse Pablo. Marcaron Álex e Mauro(2). Empezamos 0-2 puxémos 1-2 co gol de Álex. Chegamos a ir 1-4, despois 2-4 para acabar marcando o 2-5 e o 3-5 definitivos.