Contenido
Todo | A Rexional |
| Escrito por xpab | |
| domingo, 18 de mayo de 2008 | |
|
Este ano as estas alturas esta páxina informaba da salvación in extremis do equido de fútbol de Betanzos (que non de xente de Betanzos). Sen embargo o domingo 18 de maio o Betanzos consumou o seu descenso a Rexional Preferente Norte. Non puido ser a 15ª temporada consecutiva do Betanzos en terceira. Tamén se confirmou o descenso do Ourense a terceira, co cal non hai rebote posible para manter a categoría. Atrás quedan os anos dourados onde se xogaba por un posto en segunda B. A ver se para o ano podemos da a noticia do ascenso, e oxalá sexa con xente da casa, que haberla haila e, polo visto, non é peor da que había, xa que para descender, vale calquera. Como curiosidade decir que o mitico Compostela que estivo nos anos 90 en primeira división, chegando a ser subcampión de inverno, ascende 3ª división. |