Si nos fiamos do que din uns, estamos "que lo rompemos, neno". Temos un concello que rebosa cartos polos catro costados, como si o xestionase o mismísimo Rockefeller ou un fillo listo de Aristóteles Onassis. Un verdadeiro paraiso fiscal onde, de igual forma que Xesucristo no seu día, os peixes (do Mendo) e os panes son multiplicados a moreas.
Pola outra banda, se nos fiamos do que din os outros, o concello betanceiro é pouco mais que un solar con menos paredes ainda que o polideportivo de Guiliade. Un cubículo desolado onde as teas de araña coronan cada recuncho lastimoso e onde o sillón da alcaldía non é mais cunha banqueta coxa dun pé.
E entonces un, que na sua casa asiste asombrado a semellante espectáculo sin ser un economista avezado, se pregunta ¿Quen di a verdade? Ou mellor dito, ¿Alguén di a verdade? Despois do Leer mas, algún apunte do tema.