Contenido
Todo | Fagan as súas apostas!!! |
| Escrito por xpab | |
| lunes, 11 de junio de 2007 | |
|
Este sábado ten que ser. Este sábado acábanse as reunións, medias tintas e chantaxes. Este sábado Betanzos terá alcalde ou alcaldesa. Álex ou Valen estarán contentos. Os Cidadáns por Betanzos terán a chave. Son catro as posibilidades máis comentadas (bueno, as que eu escoitei). A continuación as expoño e fago un comentario de cada unha, e agardo que algún de vós tamén a faga. De todos xeitos gárdome a opinión persoal para min.
Irei da que creo máis probable á (para min) menos probable.
Primeira ópción. Primeira alcaldesa de Betanzos. Como dixen no seu día, e sigo mantendo, esta é a opción que creo máis probable. Os CxB daríanlle o seu opoio ó PP. Sen embargo esta opción parece que foi perdendo forza polos "malentendidos" coa señora Faraldo. Esta opción parece que non sentaría ben a algúns votantes de CxB, pero os que neguen que era unha opción realista antes das eleccións, penso que ou non son sinceiros agora ou non foron sinceiros consigo mismos cando votaron. A esta opción doulle un 45% de posibilidades.
Segundo opción. Segue o reinado Lagares. Esta opción gaña forza según van pasando os días. Os desencontros de CxB tanto co líder socialista como coa señora Faraldo parece que van a acabar favorecendo ó de sempre. Se esta é finalmente a opción a seguir, o resultado da aparición de CxB na vida política foi claro: o alonxamente do BNG (o único "castigado") do goberno do concello. En este caso todo seguiría igual, pero coa goberno só nunhas mans, as do señor Lagares. A esta opción doulle un 40% de posibilidades.
Terceira opción. O PP cede a alcaldía ó señor De La Fuente. Según puiden ler na Voz o outro día, CxB non descartaba a alcaldía. Supoñendo cos da Voz non minten, a única opción posible para que se cumpla é un pacto co PP onde posiblemente De La Fuente aínda teña amistades. Se esto se cumprise CxB iría contra a súa proposta de opoiar á lista máis votada... ou non, pero eso sí, mandarían eles. Esta vexoa difícil, deixolle un 10%.
Cuarto opción. Finalmente CxB pacta co SOE. Lagares forever. Creo que é practicamente unha aberración ata comentar esta posibilidade, pero nunca digas nunca. Ó mellor algún acordo de última hora ou algún prometido cese futuro fan posible o pacto imposible. Doulle o 4,5%. O outro 0,5% a Sito: que todo o mundo se absteña na votación de investidura menos o Bloque. Ó poder con 2 concelleiros!!! ;-)
Ala, basta de analista político. Xa me comentaredes.
|